A Concellería de Deportes de Baiona organiza a undécima edición do Campionato de Natación Escolar do Val Miñor este domingo, día 13, na piscina mancomunada da Ramallosa. Participarán nenos de entre 7 e 14 anos.
As inscricións permanecen abertas ata este xoves, 10 de marzo, podendo realizarse as mesmas a través de email [email protected] ou mesmo chamando por teléfono ao pavillón municipal 986 356 558 ou directamente no recinto municipal.
Ás 13:00 h está prevista a entrega de medallas e un sorteo de agasallos entre as persoas participantes.
Ademais, a organización entregará trofeos conmemorativos aos primeiros clasificados de cada categoría ademais dunha completa merenda para todos os participantes e un gorro por participar de márcaa area que patrocina o evento.
A organización do campionato escolar de natación no val miñor conta coas importantísimas colaboracións de; Protección Civil, Area e Serviocio que puxeron toda a súa vontade e interese para o desenvolvemento desta lúdica experiencia.
A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organiza organizan a undécima edición do Campionato de Natación Escolar do Val Miñor 2022 en colaboración coa Secretaría XERAL para ou Deporte da Xunta de Galicia, Mancomunidade do Val Miñor e Serviocio. Campionato agrupado dentro da programa Xogade da Xunta de Galicia.
Os participantes por categoría serán: Prebenjamines (15 -14); Benjamines (13 – 12), Alevíns (11 – 10), Infantiles (09 – 08)
As probas e horarios a desenvolver son
• 25 metros Crol e 25 metros costas para Pre benjamines.
• 25 metros Crol e 25 metros costas para Benjamins.
• 50 metros Crol e 50 metros costas para Alevíns.
• 50 metros Crol e 50 metros costas para Infantís.
HORARIO | CLASIFICATORIAS | HORARIO | FINAIS |
10.00 H | 50 ESPALDA INFANTIL | 12.15 H | 50 ESPALDA INFANTIL |
10.15 H | 50 ESPALDA ALEVIN | 12.20 H | 50 ESPALDA ALEVIN |
10.30 H | 50 CROLL INFANTIL | 12.25 H | 50 CROLL INFANTIL |
10.45 H | 50 CROLL ALEVIN | 12.30 H | 50 CROLL ALEVIN |
11.00 H | 25 ESPALDA BENXAMIN | 12.35 H | 25 ESPALDABENXAMIN |
11.30 H | 25 ESPALDA PREBENXAMIN | 12.40 H | 25 ESPALDA PREBENXAMIN |
11.45 H | 25 CROLL BENXAMIN | 12.45 H | 25 CROLL BENXAMIN |
12.00 H | 25 CROLL PREBENXAIMIN | 12.50 H | 25 CROLL PREBENXAMIN |
Máis información no Pavillón de Departes Municipal de Baiona ou chamando ao teléfono 986 35 65 58, tamén se dispón de email: [email protected].