20.2 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona inicia a vindeira semana as obras de sanemento do barrio da...

    Baiona inicia a vindeira semana as obras de sanemento do barrio da Percibilleira cun investimento superior aos 186.000 euros

    O Concello de Baiona inicia a próxima semana os traballos de renovación das tubaxes de saneamento, auga potable e recollida de pluviais do barrio baionés da Percibilleira. Tamén levarán a cabo traballos de renovación do asfaltado de toda a zona. Un proxecto cun investimento de 186.184,55 euros con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

    Entre as actuacións proxectadas atópase a execución da mellora da rede de saneamento na zona da Percibilleira, a rede estaba en moi mal estado polo que se vai a acometer unha execución integral do servizo. As novas conducións teñen por obxecto a recollida de augas residuais e pluviais no ámbito así como permitir a recepción de augas de aguasarriba. Substituiranse as redes na rúa Fontiñas así como na rúa Percibilleira, nos tramos que na actualidade están de formigón.

    Doutra banda, tamén se repoñerá a rede de abastecemento debido á execución de novas canalizacións. Se preve a instalación de tubaxes de Politileno de alta densidade de 10 atm de presión en todo o ámbito. Así mesmo, instalaranse válvulas de comporta en arquetas que permitan a sectorización do ámbito, así como a reposición das acometidas. Instalaranse ademais tres hidrantes contra incendios nas arquetas en diferentes puntos do ámbito de actuación.

    Desta forma, a entidade local mellorará o abastecemento do barrio da Percinilleira. Os traballos complétanse coa renovación o asfaltado incluíndo a subida de reixas e sumidoiros que estaban a dar moitos problemas na zona. Prevese un prazo de execución de tres meses.

    En concreto, as actuacións realizaranse desde o Camiño Rolán ata o cruzamento co Camiño Fontiñas. E desde este punto ata o vial que dá acceso á rúa Uruguai na zona dos Tendales.

    “O ámbito de actuación supón unha superficie de case 3.000 m². Na actualidade, existen redes de servizos de todos os tipos, algunhas delas en aéreo. O pavimentoatopar fisurado, descarnado e con síntomas de desintegración superficial, o que fai necesario acometer unha actuación importante na zona que restableza as condicións de seguridade e comodidade para os veciños e veciñas”, destaca o alcalde, Carlos Gómez Prado.

    O Alcalde considera prioritario “ir mellorando e dotando de proxectos como este a os diferentes barrios do municipio que ata o de agora estaban esquecidos con este obxectivo se ha decido investir a maioría do montante do capítulo de investimentos recollidos nos Orzamento deste ano 2021”.

    A gran parte do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, dedicouse á mellora dos barrios. Exemplo deles é o primeiro proxecto de reforma tras 70 anos do barrio da Anunciada ou o acondicionamento do Camiño dos Eidos en Baíña. Facer importantes investimentos nestes barrios é unha da grandes aposta do equipo de goberno por iso contémplase para eles un plan de mellora de camiños municipais, melloras na iluminación con cambios de luminarias por tecnoloxía led, proxectos de saneamento, pavimentación de vías públicas ou rehabilitación do patrimonio.

    Cortes de tráfico

    En canto ao corte tráfico na zona, a primeira semana farase efectivo o corte na intersección formada co Camiño Fontiñas ata o vial que dá acceso á callle Uruguai, zona dos Tendales. Habilitándose como sentido único de circulación, (contrario á circulación actual) o vial de dirección cara á EP 2202, SUBIDA Á Virxe da Roca. Haberá sinalización informativa nos viais adxacentes permitindo o paso aos residentes e autorizados.

    A partir da segunda semana ata fin de obra, á parte do comentado anteriormente súmase o vial que permanecerá pechado ao tráfico desde a intersección formada co Camiño do Carreiro ata a intersección formada co Camiño San Damián.
    Haberá sinalización informativa nos viais adxacentes permitindo o paso aos residentes e autorizados.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.