16.3 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaAs rúas Carabela Pinta e Cidade de Vigo serán peonís o sábado...

    As rúas Carabela Pinta e Cidade de Vigo serán peonís o sábado e domingo a partir das 20 horas

    O Goberno local aposta pola peonalización puntual destas rúas “para garantir o distanciamento social e dotar ao casco urbano de máis espazos de paseo”

    Os vindeiros sábado 20 e domingo 21 de xuño, as rúas Carabela Pinta e Cidade de Vigo estarán cortadas ao tráfico –agás para entrada a garaxes– e pasarán a ser peonís dende as 20 horas ata as 01 h.

    Trátase dunha medida adoptada polo Goberno local coa finalidade de proporcionar máis espazos de paseo á veciñanza e visitantes, nas fines de semana “e ao mesmo tempo garantir o distanciamento social que marcan as normas sanitarias”.

    Baiona é unha vila cunha fonda tradición de “vida na rúa” explica o alcalde baionés, Carlos Gómez, polo que era preciso adoptar medidas que, por unha banda permitan esa “vida de rúa” da que gustan tanto as veciñas e veciños como as persoas visitantes, e, por outra banda, “garantir a seguridade sanitaria de todos e todas”.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.