Domingo, 9 Febreiro de 2025

Trasladadas dúas persoas implicadas nun accidente de tráfico en Redondela

Dúas persoas precisaron ser trasladadas logo de sufrir un accidente de tráfico cos seus vehículos, no concello pontevedrés de Redondela.

Pouco despois das once da noite, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que alertou da colisión entre dous turismos na estrada N-550, á altura dos Valos. Ademáis, engadiu que, pese a que nun primeiro momento os implicados non estaban feridos, comezaban agora a atoparse mal e solicitaron asistencia médica.

Nese momento, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deuse aviso aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Finalmente, o 112 tivo confirmación de que dúas persoas tiveron que ser trasladadas, ata o Hospital Álvaro Cunqueiro e o Hospital de Fátima, respectivamente.

Para manter e restablecer a seguridade da vía, os xestores do CIAE-112 tamén informaron ao Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento da estrada.