A Concellería de Cultura de Redondela e a Editorial Galaxia presentarán este 23 de abril ás 19:00 da tarde o novo libro de J.A. Xesteira, con motivo do Día do Libro.
O vindeiro venres 23 presentarase no Auditorio do Multiusos da Xunqueira de Redondela, a nova creación literaria de J.A. Xesteira, escritor e periodista da vila de Redondela.
“Cóntamo outra vez, Rick” da Editorial Galaxia, recolle nas súas páxinas relatos curtos, aparentemente inconexos, pero unidos grazas a un fío argumental que os cose cun estilo moi persoal, claro, musical e cinematográfico propios do autor. O seu título, non en van, remite á escena cinematográfica do filme “Casablanca” adiantando o tema principal dun dos relatos deste libro.
J.A. Xesteira, creativo apuntado no Rexistro de artistas de Redondela, conta nas súas teclas cunha producción libreira de 5 exemplares e unha traxectoria periodística de máis de 30 anos.
No acto de presentación reuniranse ó redor do libro o autor, Dona Lola Míguez (filóloga redondelá, mestra de galego e membro de SEREN, Seminario de estudos redondeláns) e Don Carlos Lema, Director de edicións de Galaxia.
Debido ás medidas de prevención da COVID-19 o aforo será reducido e as persoas que queiran asistir deberán reservar praza no propio Multiusos da Xunqueira. Será obrigatorio o uso de mascarillas e a desinfección previa das mans antes da entrada no Auditorio.