12.3 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: susana couñago

    Redondela fai públicos os resultados da enquisa veciñal sobre festivos locais e peche de rúas

    Dende a Concellaría de Participación Cidadá do Concello de Redondela que xestiona Susana Couñago, realizouse unha consulta popular do 15 de xullo ao 15 de agosto pasados para pulsar a opinión da cidadanía sobre dúas cuestións: a peonalización das rúas do centro e os festivos locais. Esta era a primeira vez que o Concello de Redondela activaba mecanismos formais para preguntar a opinión da veciñanza sobre algún tema.

    O Goberno de Redondela manterá as franxas horarias estipuladas no estado de alarma

    A liberdade horaria anunciada pola Xunta de Galicia para 1.428 parroquias de toda a comunidade que terán liberdade horaria para pasear e facer deporte, non se aplicará no Concello de Redondela, segundo anunciaron onte a alcaldesa Digna Rivas e a segunda tenenta de alcalde e portavoz de AER, Susana Couñago, e, polo tanto, seguirán vixentes as franxas horarias establecidas no Decreto do estado de alarma.

    Redondela continúa co proceso para regular a participación cidadá na vida municipal

    A Concellería de Participación Cidadá do Concello de Redondela que xestiona Susana Couñago, vén de anunciar a apertura do prazo de exposición pública do Regulamento dos Consellos Municipais Parroquiais. A veciñanza e colectivos terán ata o 18 de marzo para achegar as súas propostas e alegacións a dito Regulamento.

    O Goberno redondelán asegura que o PP “exercita unha oposición baseada na falsidade”

    O Goberno local de Redondela acusou hoxe ao PP de "estar realizando unha oposición baseada na mentira ao realizar manifestacións públicas que son totalmente falsas". Os populares denunciaran no Pleno que os salarios do Goberno local non estaban publicados no 'Portal de Transparencia' cando o certo é que están publicados na web municipal (http://redondela.gal/gl/retribucions).

    Redondela desenvolverá iniciativas para a utilización da lingua galega nos cemiterios

    O goberno municipal, encabezado pola alcaldesa Digna Rivas, quen tamén é concelleira de Normalización Lingüística, homenaxearon cunha placa na entrada do Cemiterio do Viso a todos e todas os que alí repousan. Digna Rivas chamaba a atención sobre o feito de que "a maioría dos habitantes do Concello falan en galego, mais só o 2% das lápidas ou placas colocadas nos cementerios están na nosa lingua".

    Participación Cidadá presentará o borrador do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable ao tecido asociativo de Redondela

    O próximo xoves días 29/08/2019 ás 17:00 horas están convocadas todas as Asociacións do Concello de Redondela (Asociacións veciñais, Comunidades de Montes, Anpas, Asociación de Taxistas, Asociacións de Persoas con Diversidade Funcional, etc.) no Multiusos de Redondela, onde a empresa redactora realizará a presentación do borrador elaborado.

    Redondela inicia o proceso de actualización da base de datos de colectivos e asociacións

    A Concellería de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá do Concello de Redondela, que xestiona Susana Couñago, vén de iniciar o proceso de actualización das bases de datos das asociacións e entidades veciñais de cara a ter unha listaxe o máis actualizada posible para que todas as asociacións do concello dispoñan da mesma información e teñan as mesmas oportunidades, por exemplo, para acceder a axudas municipais.

    PSdeG-PSOE e AER acadan un acordo de goberno para os vindeiros catro anos

    O PSdG e a Agrupación de Electores de Redondela, AER, asinaron na tarde do martes o acordo polo que se conforma o goberno local para os vindeiros catro anos. Deste xeito, Redondela contará cun goberno inédito ata o de agora. Por unha banda, os socialistas recuperan a Alcaldía do...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.