14.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: o viso

    O Viso de Redondela retoma os cursos para a tempada 2023-24

    A Sociedade Cultural do Viso vén de comezar o curso lectivo despois do parón do verán no mes de setembro co curso de gaita tradicional e percusión impartido por Manuel Cruces, gaiteiro do grupo Tanto Nos Ten, os venres pola tardiña.

    O Centro Cultural de Saramagoso, no Viso, programa un concerto de música tradicional para o sábado 13 de novembro

    O Centro Cultural de Saramagoso, conxuntamente coa Sociedade Cultural do Viso e o Concello de Redondela organizan para o vindeiro sábado 13 de novembro ás 18 h un concerto no que a musica tradicional é a protagonista.

    Asemblea da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso

    A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso, Redondela, convoca as comuneiras e comuneiros á asemblea ordinaria o vindeiro domingo 22 de agosto ás 11 h en segunda convocatoria. A asemblea celebrarase nas gradas do Campo de Fútbol da Gándara e trataranse os tradicionais puntos do estado de contas, altas e baixas de comuneiros/as, traballos e actuacións do pasado ano 2020 e os que se realizaran no 2021, entre outros.

    Iniciados os traballos de acondicionamento dos camiños do Galleiro e A Pelourenza na parroquia do Viso

    A Concellería de Vías e Obras do Concello de Redondela, que xestiona Vicente Lamas, vén de dar inicio aos traballos de mellora e acondicionamento do firme e xestión das augas pluviais nos camiños do Galleiro e A Pelourenza.

    A alcaldesa visita Soutoxuste, na parroquia do Viso, para atender as demandas veciñais

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada dos concelleiros Vicente Lamas e Alberto Álvarez, visitou esta pasada semana o barrio de Soutoxuste, na parroquia do Viso, para atender as demandas veciñais e darlles solución a maior brevidade posible.

    O Concello de Redondela continúa co seu programa de mellora de camiños no rural

    O Concello de Redondela, a través da Concellería de Vías e Obras que xestiona Vicente Lamas, continúa a desenvolver o programa de mellora dos camiños do rural, centrándose as actuacións en Cedeira, Reboreda e O Viso.

    O Multiúsos da Xunqueira de Redondela acolle o xoves a presentación do libro ‘O Viso. A construción dunha paisaxe cultural’

    O vindeiro xoves 10 de setembro ás 20 h no Multiusos da Xunqueira de Redondela a Sociedade Cultural do Viso realizará a presentación da publicación da que é responsable e que versa sobre o patrimonio cultural da parroquia do Viso. Con retraso, por mor do covid-19, a entidade cultural dá a coñecer este traballo de recompilación e documentación do patrimonio da parroquia que foi encomendado a A Citania, coordinando Xurxo Constela todo o traballo de recollida, búsqueda documental e redacción.

    O Concello de Redondela rehabilitará os vestiarios e grada do Campo de Tuimil ao abeiro dunha achega do Plan Concellos

    O Concello de Redondela investirá preto de 62.000 euros (61.996,07 €) na reforma dos vestiarios do Campo de Tuimir, traballos que se realizarán ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra logo de que a Xunta de Goberno da administración provincial aprobase dito investimento este pasado venres.

    O proxecto de reforma do campo da Gándara, no Viso, non incluía a mellora dos vestiarios

    O Concello de Redondela está a traballar arreo de cara a que as instalacións do campo da Gándara, na parroquia do Vigo, estea plenamente operativo no máis breve prazo de tempo posible logo que o Goberno local atopárase coa sorpresa "que a rehabilitación do campo non contemplaba a construción de vestiarios que, nestes momentos, están nun estado total de abandono".

    O Viso recupera o seu tradicional «Serán»

    O vindeiro venres, 29 de novembro, a Casa cultural de Saramagoso, na parroquia redondelá do Viso, acollerá a partir das 20 horas o serán organizado pola comisión de Festas de San Blas do Viso.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.