17.3 C
Pontevedra
Sábado, 18 de Setembro de 2021
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Goberno de Redondela lamenta que a Xunta ignore á veciñanza co...

    O Goberno de Redondela lamenta que a Xunta ignore á veciñanza co problema de Aucosa

    O executivo que preside Digna Rivas manifesta o seu apoio “total ás reivindicacións da veciñanza” nun tema de graves repercusións medioambientais e que inflúe na calidade de vida das veciñas e veciños

    O Goberno de Redondela cualificou hoxe de “incomprensible” que a Xunta de Galicia “dea as costas e ignore á veciñanza” no problema medioambiental que supoñen os cheiros provocados pola empresa auxiliar conserveira Aucosa, que procesa restos de peixe para a súa transformación en pensos.

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lembra que “logo de pedir reiteradamente unha xuntanza coa Dirección Xeral de Calidade Ambiental e ter prevista a mesma para o 5 de agosto, o día anterior a propia Dirección Xeral anulou dita reunión”. Dende esa data o Concello de Redondela, subliña a alcaldesa “leva pedindo insistentemente unha nova data sen que ata hoxe teñamos, non só data para a reunión, senón nin tan sequera resposta ás peticións formuladas”.

    En todo caso o Concello de Redondela “non está cruzado de brazos”, afirma a rexedora local, senón que todas e cada unha das queixas veciñais sobre os malos cheiros, “son comprobadas inmediatamente pola Policía Local que levanta o correspondente informe para trasladalo, posteriormente, á Xunta de Galicia”.

    Boa mostra da importancia que o Concello lle da a este asunto é o feito de que a Policía Local levantou, entre o 20 de febreiro e o 30 de agosto do 2020, un total de 28 partes mentres que Medio Ambiente elaboraba cinco informes, entre febreiro e xuño, por “olores pestilentes procedentes de Aucosa”.

    Doutra banda, remitíronse un total de 10 oficios á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, trasladando outros tantos informes policiais. Finalmente, remitíanse dous oficios ao Xulgado de primeira Instancia de Redondela, un ao SEPRONA (Servizo de Protección do Medio Ambiente da Garda Civil) amais de outros cinco a Augas de Galicia.

    O Concello, dentro das súas competencias –explican a alcaldesa de Redondela e o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar– “está a realizar todas cantas xestións están na súa man para a defensa dos intereses das veciñas e veciños que son a nosa prioridade”.

    Tanto Rivas como Villar sinalaron a intención do Concello de seguir o cumprimento, por parte de Aucosa, do recollido na licencia concedida para ampliación das instalacións que, segundo a empresa, permitirá a instalación dun sistema de captación e tolvas cubertas que reducirán nun 99% os malos cheiros.

    COLABORACIÓNS

    ¡Indultos!

    Hace unas semanas fue la época de los indultos. Por un lado, se indultaron a los "díscolos catalanes" que quisieron "separarse de la madre patria" para ocultar las vergüenzas de tantos años de corrupción ya que, si no no se entiende. Ni historia ni, sobre todo los datos económicos, lo sostienen por ningún lado.

    Xesús Constenla, «O peso do cerebro»

    Xesús Constenla xa nos ten acostumados a unha narrativa arriscada e alonxada de tópicos, o que non deixa de ser un aliciente para calquera lector. Agora, con «O peso do cerebro», mantense firme nesta liña de traballo para adentrarse no confuso mundo de don Honorio, un vello afectado de demencia senil que un día, aproveitando un despiste da súa neta, Paula, sae da casa e vaga sen rumbo pola cidade de Barco (doadamente identificable co Ferrol natal do autor), un espazo que, coma o protagonista, coñeceu mellores tempos.

    Illote Areoso, paraíso natural

    Último domingo del mes de agosto y aquí estoy de nuevo para compartir con vosotros un pedacito de mis aventuras. Hoy os dejo un planazo sin salir de la provincia de Pontevedra: una visita al Illote Areoso.

    Peregrinos xacobeos na cidade de Tui (XIII). O nobre polaco, Xacobe Sobieski de Janina en 1611

    Nos capítulos que vimos recollendo nesta sección sobre peregrinos xacobeos que deixan referencía á cidade de Tui nos seus relatos ou diarios nos que recollen a súa experiencia, abordamos hoxe a figura doutro peregrino chegado dende terras ben afastadas. Trátase dun nobre polaco, Xacobe (Jakub) Sobieski de Janina, foi...

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    11 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    4 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    44 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    34 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    1 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS