12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoSalvaterra retoma a marcha ciclista do 17 de maio

    Salvaterra retoma a marcha ciclista do 17 de maio

    O vindeiro mércores, 17 de maio, volve a tradicional Marcha Ciclista das Letras Galegas de Salvaterra de Miño, logo duns anos mermada pola pandemia da Covid-19.

    Con un total de 17 km de percorrido para tódalas idades, pasarase unha xornada matinal lúdica e deportiva, como xa era costume cada 17 de maio (o uso do casco é obrigatorio).

    A saída será ás 10:00 horas e a chegada do evento será ás 14:900. Tanto a saída como a chegada sará desde a Praza do Concello, logo haberá unha parada para o desexado aprovisionamento que será en Fornelos, ciclistas de tódalas idades daranlle aos pedais por diversas parroquias salvaterrenses.

    Ao remate da ruta, na xa mencionada na Praza do Concello, farase un sorteo de agasallos para todos os participantes.

    As inscricións poderán facerse enviando un correo electrónico deporte@concellodesalvaterra.org ou enviando un WhatsApp ao 661046592 (indicando nome, apelidos e idade).

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.