O Concello de Salvaterra de Miño realiza, un ano máis, o Campamento de Semana Santa, dentro do seu programa de conciliación da vida laboral e familiar.
A actividade levarase a cabo os días 3, 4, 5 e 10 de abril no CEIP PLURILINGüE INFANTE FELIPE DE BORBÓN no horario de 9:00 a 14:00 horas, con posibilidade de ampliación dende as 7:30 h co aula madruga.
Os destinatarios son nenos nacidos entre os anos 2011 a 2019.
O prazo de inscrición será dende o 15 ao 20 de marzo, a cal se poderá realizar no rexistro do Concellode 9:00 ata 14:00 horas ou mediante a sede electrónica.
Xogos, manualidades, cociña e experimentos serán algunhas das actividades que os nenos e nenas realizarán para pasar unha Pascua moi divertida.
Máis información no Concello de Salvaterra ou na páxina web do Concello.