Sábado, 22 Marzo de 2025

A Sociedade Cultural e Desportiva do Condado organiza o seu tradicional magosto

A cita, que leva desenvolvéndose durante máis de 40 anos, converte ao magosto da SCD nun dos máis antigos da comarca do Condado

O vindeiro sábado, 9 de novembro, a Sociedade Cultural e Desportiva do Condado organiza en Salvaterra de Miño, unha nova edición do seu xa tradicional magosto, unha cita que leva máis de corenta anos de celebración e que, ano a ano, acada un maior número de participantes.

Estamos, sen dúbida, ante un dos magostos máis antigos da comarca do Condado e é, como sinala a SCD “unha xornada de convívio na que toda a veciñanza está convidada”.

Este ano o magosto terá lugar na Praza do Peixe de Salvaterra asi que, en caso de choiva, non haberá problema algún. A festa comezará xa ás 13 horas cunha sesión vermú a cargo do grupo de gaitas Sons da Raia. Ás 15 horas, terá lugar o xantar popular previa inscrición no teléfono 615 387 360.

Ás 17:00 h, será a quenda da festa infantil con Pajarito e a súa vida tola. Xa ás 18:00 h, terá lugar o concerto de Tremiñado Folk para ás 19:30 h, comezar co magosto.

“Amais, durante todo o día haberá exposición e degustación de cogumelos, castañas, viño novo e moita festa!”, conclúe a Sociedade Cultural e Desportiva do Condado.