17.4 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareas«Versos de Area» ou o gusto pola poesía en Ponteareas

    «Versos de Area» ou o gusto pola poesía en Ponteareas

    A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, en colaboración coa asociación Versos de Area, está a adobiar as rúas do centro da vila con versos dos nosos poetas e poetisas dos que todos os veciños e veciñas poderán gozar mentres agardamos nos pasos de peóns.

    Versos de Area nace a partir do curso de escrita creativa que se impartíu na Biblioteca Municipal por iniciativa da Concellería dende finais do ano 2016, impartido polo dramaturgo e profesor Roi Vidal Ponte. Algúns destes alumnos e alumnas amosaron a súa debilidade pola poesía dando lugar a este grupo de poetisas e poetas que traballarán na difusión da obra de creadoras e creadores de Ponteareas e de toda Galicia que non teñen acceso ás grandes canles de difusión.

    Nestes días, algúns pasos de peóns xa nos agardan con versos elexidos de xeito voluntario por este inquedo grupo que tamén velará pola difusión doutros xéneros literarios. Ao longo de todo o mes Ponteareas irá amencendo con novas mensaxes poéticas en diferentes pasos de peóns que Fernando Groba e Versos de Area convidan a ler con repouso dende a beirarrúa e sempre prestando atención á seguridade no momento en que decidan cruzar.

    O vindeiro xoves día 8 no JJ Copas terá lugar a presentación do grupo Versos de Area que recitará poemas creados por eles e elas pero tamén convidarán a que todos e todas as presentes lean aqueles versos que máis lles gusten dos seus poetas e poetisas preferidos. Neste acto tamén difundirán a figura do ponteareán Xoán García de Guillade e a de outros creadores e creadoras ponteareás. Versos de Area é un grupo aberto ao que calquera veciño ou veciña que desfrute da arte literaria pode unirse.

    O concello de Ponteareas, a través da concellería de Cultura, presentou na última edición da feira do libro celebrada na Praza Maior, o libro Obescrebimupo que recolle as creacións do alumnado deste curso de escrita creativa e que se pode atopar na biblioteca pública municipal.

    Nesta iniciativa tamén participou a concellería de Vías e Obras que dirixe Chus Garrote, encargándose o persoal deste departamento de pintar en xornadas nocturnas os versos cos que endozar o duro asfalto. 

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS