12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas xa conta cun novo vehículo para traballos medio ambientais

    Ponteareas xa conta cun novo vehículo para traballos medio ambientais

    Trátase dun vehículo híbrido financiado coa axuda do fondo ambiental da Xunta e con fondos propios do Concello

    A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, informa que xa está a disposición do persoal do seu departamento o novo vehículo adquirido con fondos propios e coa subvención outorgada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

    O coche que foi adquirido a un concesionario local polo valor de 23.282,63 €, IVE incluído, a través dun concurso público aberto que garantíu a transparencia e igualdade de oportunidades. Para esta adquisición o concello contou co apoio da Xunta de Galicia obtendo 15.646.50 € de subvención e aportando o concello a cantidade restante de 7.636,13 € con fondos propios.

    A concelleira Rosa Covelo explica que se trata dun vehículo híbrido que contribúe na redución das emisións de CO2 promovendo desprazamentos máis sostibles

    Con capacidade para cinco persoas, incorpora un gancho para poder transportar o remolque das ferramentas e maquinarias precisas para o desenvolvemento do traballo diario deste departamento.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.