7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas programa unha excursión á illa de Sálvora aberta a toda a...

    Ponteareas programa unha excursión á illa de Sálvora aberta a toda a veciñanza

    O Concello de Ponteareas organiza unha excursión á illa de Sálvora, a menos coñecida de todas as que integran o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e un espazo cheo de natureza, cultura, historia e lendas. A saída será o vindeiro domingo 16 de abril e, aínda que está organizada ao abeiro do programa Mocidade Viva, estará aberta a toda a veciñanza.

    A saída será ás 08.30 horas dende a estación de autobuses de Ponteareas e incluirá os traslados en autobús, a viaxe en barco dende O Grove, unha ruta guiada polo antigo pobo e visita ao Faro, ademais dunha degustación de mexillóns. A excursión rematará cunha nova ruta polo sendeiro de Pedras Negras, un impresionante paseo cunhas fermosas vistas ao mar. O regreso está previsto para as 20.00 horas.

    O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, anima a toda a veciñanza a inscribirse nesta actividade “coa que desfrutar dunha xornada de lecer en plena natureza coñecendo a historia dunha das illas da nosa costa menos visitada, un lugar cheo de encanto e historia”.

    O prezo da excursión será de 24 euros por persoa, que incluirá as rutas guiadas, o autobús, barco e degustación. Os nenos e nenas menores de 3 anos irán de balde. Para participar é imprescindíbel inscribirse a través do correo electrónico mocidadeviva@ponteareas.gal ou no 687 764 516.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.