13.5 C
Pontevedra
Luns, 29 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas organiza visitas aos ‘chiringuitos’ da Freixa para as persoas interesadas na...

    Ponteareas organiza visitas aos ‘chiringuitos’ da Freixa para as persoas interesadas na súa explotación

    Serán os días 15 e 16 de abril desde as 10:00 horas ata as 12:00 horas e non é necesaria inscrición previa

    O Concello de Ponteareas organiza varias visitas aos “chiringuitos” da Freixa para aquelas persoas que estean interesadas en presentar as súas solicitudes poidan obter información de primeira man. Serán o luns 15 e martes 16 de abril desde as 10:00 horas ata as 12:00 horas e non é necesaria inscrición previa. 

    Deste xeito, as persoas físicas ou xurídicas que queiran optar a algún dos “chiringuitos” da praia fluvial da Freixa poden coñecer os espazos habilitados nunha visita que organiza a administración local co obxectivo de facilitar o acceso á información. Deberán presentarse no lugar a partir das 10:00 horas ambos os días e estarán acompañados pola concelleira de Medio Ambiente Silvia Fernández. 

    Cómpre lembrar que en total son catro “chiringuitos” e a concesión é por un período de catro anos prorrogables. Ademais, contan con subministro eléctrico, de auga e o correspondente saneamento. O prazo para presentar as solicitudes finaliza o día 24 de abril ás 14:00 horas. 

    A concelleira de Medio Ambiente, Silvia Fernández, indica que “animo a todas as persoas que estean interesadas na concesión dalgún dos chiringuitos a que se acheguen á praia fluvial da Freixa o luns e o martes para que coñezan os espazos”. 

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.