20.2 C
Pontevedra
Luns, 2 de Outubro de 2023
Máis

    Tag: a freixa

    As análises da Confederación Hidrográfica descartan a contaminación da auga na Freixa

    Tras as manchas aparecidas nos últimos días na superficie da auga da Praia Fluvial da Freixa, o Concello de Ponteareas iniciou unha investigación xunto ao Seprona e axentes medioambientais da Confederación Hidrográfica, que tomaron mostras da auga para proceder á súa análise.

    Ponteareas elabora un plan integral para converter a área fluvial da Freixa-San Roque nun excepcional espazo natural e de ocio

    Ponteareas quere converter a área fluvial da Freixa-San Roque, no río Tea, nun excepcional espazo público, natural e de ocio.

    Ponteareas participa nunha recollida de basuraleza na praia da Freixa

    A Concellería de Medio Ambiente, dirixida por Rosa María Covelo, e a de Voluntariado, por Miguel Bouzón, apoian á Deputación de Pontevedra na súa participación no proxecto Libera, unha iniciativa de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes para loitar contra a basuraleza a través do coñecemento, a prevención e a...

    O Concello de Ponteareas licita as obras de acondicionamento do cámping A Freixa

    O Concello de Ponteareas vén de licitar as obras de mellora e acondicionamento do cámping A Freixa, localizado nas proximidades do río Tea, para convertelo así nun espazo de campismo idóneo para o tempo de lecer.

    A Deputación aproba unha achega de máis de 200.000 euros para Ponteareas e Cuntis

    A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra pecha o ano aprobando máis obras do Plan Concellos 2020, que contou neste exercizo cun orzamento global de 42,2 millóns de euros. Desta volta deuse o visto bo a recursos por máis de 200.000 euros para os concellos de Cuntis e Ponteareas. Ponteareas obterá preto de 142.500 euros para a mellora da pavimentación no lugar de Chan da Gándara e labores de conservación e mantemento do cámping 'A Freixa', mentres que Cuntis recibirá 66.800 euros que permitirán o acondicionamento do camiño de acceso e do interior do núcleo rural de Fontecova.

    O PP de Ponteareas denuncia o mal estado da Freixa e a súa praia fluvial

    O PP de Ponteareas denunciou hoxe o "mal estado e abandono" no que, ao seu entender atópase a Freixa e "comparte o malestar que denuncian os veciños pola suciedade da auga na propia praia fluvial derivada da acumulación de restos de follas e polvo que se producen pola colocación dunha 'corchera' ano tras ano".

    EU Ponteareas solicita ao concello un cambio no balizamento da zona de baño da Freixa

    Esquerda Unida de Ponteareas vén de solicitar ao Concello un cambio no sistema de balizamento da praia da freixa ao entender, como xa o fixo o pasado ano, que o sistema de 'corcheras' non é o máis adecuado ao provocar que se acumulen restos na zona de baño algo, sinala EU "algo que resulta como mínimo molesto para as persoas bañistas e que eventualmente podería ser contraproducente dende o punto de vista da hixiene".

    A praia da Freixa conta durante os meses de verán co servizo de socorrismo

    Os socorristas contratados polo Concello de Ponteareas para velar pola seguridade dos bañistas da Freixa durante os meses de verán traballan xa dende a pasada semana na praia fluvial ponteareá. A contratación deste servizo de socorrismo, que estará activo os sete días da semana para contribuir no benestar de todos...

    LIBROS

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.