19.7 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: alegacións

    Ponteareas inicia unha rolda de reunións para consensuar coa veciñanza as alegacións ao proxecto da N-120

    A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, acompañada da segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote, doutros membros do goberno local e do arquitecto municipal do Concello, mantiveron unha primeira xuntanza cos grupos políticos e colectivos veciñais das parroquias directamente afectadas polo proxecto de trazado da mellora de seguridade viaria na N-120.

    O Porriño alega contra o proxecto da Cidade Deportiva do Celta

    O Goberno Municipal do Porriño presentou onte, no último día de prazo, unha alegación contra a modificación do PXOM de Mos que pretende posibilitar o proxecto de cidade deportiva do R.C. Celta de Vigo en Tameiga. A alegación motívase en base “ós graves perxuizos que poden ocasionarse a este concello no abastecemento de auga”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.