7.9 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: n120

    Ponteareas inicia unha rolda de reunións para consensuar coa veciñanza as alegacións ao proxecto da N-120

    A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, acompañada da segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote, doutros membros do goberno local e do arquitecto municipal do Concello, mantiveron unha primeira xuntanza cos grupos políticos e colectivos veciñais das parroquias directamente afectadas polo proxecto de trazado da mellora de seguridade viaria na N-120.

    O Goberno local celebra a aprobación do proxecto de mellora da N-120 en Ponteareas por parte do Ministerio

    O Goberno municipal de Ponteareas celebra a aprobación provisional do proxecto de mellora da N-120 por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, unha noticia moi positiva que dá resposta as demandas realizadas dende Concello e colectivos veciñais.

    A Plataforma N-120 asegura que o PSOE de Ponteareas “deixa de existir como interlocutor válido”

    A dirección da Plataforma N-120 de Ponteareas fixo público na tarde noite de onte un comunicado de prensa no que expresan "o total e firme apoio ao noso portavoz José Luís Campos Represas", ao mesmo tempo que asesguran que "todas as intervencións públicas que fixo o noso portavoz foron consensuadas por nós".

    O BNG “dará a batalla” no Congreso para que os Orzamentos inclúan a seguridade viaria na N-120 e a variante de Ponteareas

    O BNG, a través do seu deputado no Congreso, Néstor Rego, insta ao Goberno do Estado a investir na seguridade viaria na N-120 e na construción da variante de Ponteareas, “necesidades históricas da localidade que unha vez máis non son atendidas como corresponde nos Orzamentos Xerais do Estado que veñen de presentarse para 2022.”

    Aprobada a solicitude de asfaltado do firme da N-120 ao seu paso pola Cañiza

    O alcalde da Cañiza, Luis Piña, reuniuse o pasado martes 27 de xullo no Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana co Secretario General de Infraestruturas, Sergio Vázquez.

    Ponteareas reclama ao Ministerio a exposición pública do anteproxecto de mellora da N-120

    A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, e a segunda tenente de alcalde, Chus Garrote, reuníronse con representantes da ‘Plataforma da N-120’ ante a preocupación deste colectivo veciñal polo retraso na exposición pública do antreproxecto da mellora viaria da N-120 e pola aparente paralización de todo o procedemento.

    Xosé Represas seguirá de preto os traballos de redacción do proxecto de mellora da N-120

    O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, solicitou unha reunión ao Xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, para coñecer de primeira man os traballos de redacción do proxecto de mellora da seguridade vial na N-120. A pasada semana o Ministerio anunciaba o inicio dos traballos de redacción do proxecto de obras para a construción de glorietas, rehabilitación do firme, mellora da sinalización e tratamento de marxes na N-120 ao seu paso polas parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas.

    Nestor Rego reúnese en Ponteareas coa Plataforma N120

    O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, desprazouse este sábado a Ponteareas para coñecer de primeira man a carencia de seguridade na estrada N120, que cruza varias parroquias ponteareás soportando diariamente unha elevada carga de tráfico.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.