10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas deu a coñecer as persoas gañadoras do concurso #TikTokTea

    Ponteareas deu a coñecer as persoas gañadoras do concurso #TikTokTea

    Ponteareas entregou os premios do concurso #TikTokTea, nun acto no que se deron a coñecer as persoas gañadoras de entre as 19 propostas presentadas ao certame.

    Na categoría A, para participantes de entre 13 e 16 anos, os membros do xurado decidiron premiar o vídeo presentado por Alba Graciela Cracium e Candela Piñeiro Estévez. Valoraron especialmente o traballo realizado polas mozas que interpretaron a peza musical e recitaron o poema. En canto á categoría B, de maiores de 17 anos, a galardoada foi a proposta de Judith Alonso Alonso, da que destacaron a  calidade de planos e o traballo do guión. Ademais os membros do xurado decidiron darlle un accésit á proposta de Pablo Costa Melón, pola súa orixinalidade e polo emprazamento empregado para o vídeo “Vivir nos castros”.

    En canto ás votacións realizadas polo público, obtidas a través das reaccións nos perfís das redes sociais de Cultura e Turismo Ponteareas en Facebook e Instagram, recibiron o premio Violeta Serén, na categoría A, e Iria Pérez Rodeiro, na categoría B.

    O xurado para a elección do mellor vídeo en cada categoría, estivo formado por Carlos García Vieito (membro da Mesa pola Normalización Lingüística e especialista en Comunicación), Adrián González Fernández (produtor audiovisual en Diaño Films, gañadora do premio do público ao mellor vídeo musical no Festival de Cans 2020) e Mario Brión Toucedo (@olaxonmario, gañador do premio a o mellor youtubeiro do concurso Youtubeir@s 2020), que conduciu o acto de entrega de premios.

    Os concelleiros de Lingua, Fernando Groba, e de Mocidade, Miguel Bouzó, agradeceron no transcurso do acto a participación de todas as persoas concursantes, felicitárona pola súa creatividade e animárona a empregar a nosa lingua nas redes sociais coma tiktok, así como en todos os ámbitos no seu día a día.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.