11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasNace en Ponteareas a primeira asociación para a defensa patrimonial do...

    Nace en Ponteareas a primeira asociación para a defensa patrimonial do Val to Tea

    O patrimonio do Val do Tea está de parabén. O venres, a sala multiúsos do Auditorio Municipal de Ponteareas acollía o acto de presentación da ‘Asociación do Patrimonio Cultural Val do Tea’, una iniciativa que busca, tal e como se subliñou en repetidas ocasións ao longo do acto, “a protección, defensa e vixianza do noso patrimonio”, un patrimonio que abrangue un amplo concepto ao incluirse no mesmo, non só o que se podería chamar ‘patrimonio tanxible’, senón tamén ese outro ‘intanxible’ formado pola cultura, lendas e tradicións ao que con frecuencia se lle presta menos atención e, porén, marcou e marca a nosa propia identidade como pobo.

    O acto contou coa participación do presidente da recen nacida asociación, Jhonathan Zúñiga; Arístides Carrera, vicepresidente; Sebastián Merino, tesoreiro e os vogais Manuel Blanco, Juan Ibañez e José Márquez Paramés. Estanislao Fernández de la Cigoña, que tamén forma parte da asociación, non podía estar presente por motivos de saúde.

    Jhonathan Zúñiga, incansable e infatigable defensor do patrimonio ‘globalmente entendido’, sinalaba que a Asociación estaba formada por persoas “non profesionais” pero que si teñen “unha sensibilidade, unha afección e unha sensibilidade polo patrimonio que nos levou, a cada un de xeito individual, a traballar nesta liña”.

    Se por algo destacamos os que aquí estamos “é polo noso compromiso co patrimonio, a historia, a etnografía, e ter unha vinculación moi forte coa nosa terra”, aseguraba. “Ese é precisamente o fío común que une a todos cantos forman esta asociación. As veces parece que o destino une á xente”, afirmaba Zúñiga.

    Comezar polo… principio

    É, sen dúbida, unha frase que máis dunha vez utilizamos e que, de cando en vez sálvanos, de dar máis explicacións. No no caso da Asociación do Patrimonio Cultural Val do Tea, adquire un perfecto sentido. De entrada, explican dende a Asociación, un censo do patrimonio existente no concello de Ponteareas “un censo parroquia por parroquia”, puntualizan. Un traballo nada doado se se ten en conta que o municipio conta con 24 parroquias e, por poñer un exemplo, dicía Jhonathan Zúñiga, “so na miña parroquia, en Ribadetea, temos preto dun cento de bens patrimoniais”.

    A divulgación será outra das ferramentas fundamentais das que faga uso a Asociación xa que se parte da base de que a primeira medida de defensa do patrimonio e dar a coñecer a súa existencia.

    “Non se pode protexer ningún ben patrimonial nin cultural se non se coñece”, apuntaba Sebastián Merino. “Só hai unha maneira de protexer e dar a coñecer o noso patrimonio e é facer pedagoxías nas escolas, ninguén se molestou en ir a falar cos nenos e explicarlles as cousas”.Merino explicaba por que, no cartel da Asociación, aparecía unha mámoa que non era da zona. “É unha fotografía pedagóxica –dicía– para que a xente saiba que debaixo dunha mámoa hai algo, hai un enterramento de máis de 6.000 anos e os nenos non saben o que é porque ninguén se parou en explicarllo”.

    Para conseguir esa ‘visibilización’ a Asociación xa ten un blogue –patrimoniovaldotea.blogspot.com– , fará uso activo das redes sociais e utilizaranse os medios audiovisuais. A asociación ten xa elaborado un documental sobre o Castro de Troña, “ao máis alto nivel profesional”, outro que está en elaboración sobre o foxos do lobo “realizaránse visitas guiadas periódicas e, en colaboración co Concello, faremos en marzo unhas xornadas de interese etnográfico, arqueolóxico e cultural ao máis alto nivel, no que tamén participará na Universidade de Vigo”.

    A presentación oficial da Asociación –na que se proxectarán as anteditas reportaxes– terá lugar no mes de xaneiro e “será cando comecemos a funcionar como asociación –sinalaba Arístides Carrera– porque a nivel individual hai xente aquí que leva máis de dez ou vinte anos traballando na investigación e posta en valor do patrimonio”.  

    “Espertar o interese do público” é o primeiro paso para a protección do noso patrimonio, afirmaban os presentes, e por iso actividades como as Visitas Guiadas, formarán parte das actividades periódicas que de desenvolva a Asociación do Patrimonio Cultural Val do Tea. A primeira será xa o domingo 1 de decembro ás 10 horas, con saída diante da igrexa de Xinzo. Dende aí e da man  de Juan Ibañez, profundo coñecedor da parroquia, da súa historia e historias e do seu patrimonio, percorreranse aqueles lugares de interese nunha actividade máis que atractiva.

    Conferencias

    Traer nomes de recoñecido prestixio en materia de patrimonio de Galicia, para desenvolver unhas xornadas e charlas que busquen “chamar a atención sobre o noso”. Nese sentido, o presidente da Asociación explicaba que moitas veces “a xente descoñece o que temos preto de nos. Van a Ribeira e miran o dolmen de Axeitos e quedan asombrados, cando ao mellor, a carón da súa casa, teñen un ben patrimonial de primeira orde, cheo de silveiras e oculto nos eucaliptos e ninguén lle fai caso”. As veces, sinalou, “é preciso que veña a xente de fora a explicarnos e abrirnos os ollos do que temos aquí”.

    Romper coa marxinación

    A asociación busca tamén como obxectivo “romper coa marxinación do patrimonio. Temos a falsa idea de que o patrimonio molesta no monte, non se poden plantar eucaliptos, non se pode facer una canteira… sempre problemas”. Revertir o proceso é fundamental, sinalaron os presentes, porque o patrimonio pode ser un xeito de vida. “Campo Lameiro vive delo. Bastante apartado das grandes cidades, vive a costa dun turismo cultural moi sán que viaxa ata alí para visitar os seus famosos petroglifos. Ao redor diso fixose un turismo sostible con casas rurais, rutas de sendeirismo, turismo natural…”.

    Ese é precisamente outro dos obxectivos da Asociación do Patrimonio Cultural Val do Tea, acceder aos centros escolares e explicarlles aos alumnos e alumnas, a importancia do patrimonio. “O Concello está, actualmente, loitando contra os actos incívicos que tamén afectan ao patrimonio e, entrar nos colexios, darlles a coñecer aos nenos e nenas o noso patrimonio como parte da nosa historia, é un xeito de traballar nesa mesma liña que está traballando o Concello de Ponteareas”.

    Puña como exemplo Sebastián Merino, ao concello de Salamanca “onde púxose en marcha un Plan Director no que o arquitecto municipal, o técnico de medioambiente e a Policía Local, para inculcarles a necesidade de que formen parte activa da protección do patrimonio e estalles funcionando moi ben”.

    Unha idea similar xa lle foi exposta á á concelleira de Ensino do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández, que amosou a súa receptividade e estudará a posta en marcha desta iniciativa. A propia Cristina Fernández acompañada por Fernando Groba como concelleiro de Patrimonio, a técnica de Medio Ambiente, a arquitecta Municipal e a Policía Local visitarán as aulas para “inculcar nos máis novos a importancia do patrimonio e a súa responsabilidade na conservación do mesmo”.

    A importancia do patrimonio inmaterial

    “Nesta terra temos un privilexio que poucos teñen e o temos case que marxinado”, apuntaba Jhonathan Zúñiga, “porque temos un legado de tradición oral de lendas e mitoloxía que poucas partes do mundo poden presumir delas. As nosas lendas os ‘mouros’ os trasnos, a Santa Compaña, veñen alimentando ás nosas xentes dende o 4.000 ou 5.000 antes de Cristo ata fai 30 anos e agora, tristemente, está a desaparecer”. Esa vinculación entre as lendas e o patrimonio, e inseparable porque “un ‘mouro’ sae dunha mámoa ou dun castro, os trasnos aparecían nos antigos muíños… son pezas que encaixan unhas noutras e polo tanto hai que protexer tanto ese patrimonio material como o inmaterial”.

    Colaborar é importante

    A Asociación está a dar os primeiros pasos. Pero ningúen fai un camiño sen ese primeiro paso e a Asociación do Patrimonio Val do Tea ten, baixo os seus pes, unha senda ilusionante, chea de retos, algunha que outra decepción, moitas alegrías e, sobre todo, moita ilusión. “Estamos a abrir a porta a socios colaboradores que nos boten un cable”, remataba o presidente Jhonathan Zúñiga, “Ponteareas é un concello grande, moi diversificado e precisamos de toda a axuda posible”, así que en breve, daranse a coñecer a diversas formas nas que, todos e todas, poderemos contribuír a salvagardar o noso patrimonio material e inmaterial e, con iso afianzar a nosa propia identidade. Un traballo que, realmente, merece a pena.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.