19.5 C
Pontevedra
Domingo, 13 de Outubro de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasExposición con premios, obradoiro e ofrenda floral para homenaxear ao mestre Castelao...

    Exposición con premios, obradoiro e ofrenda floral para homenaxear ao mestre Castelao en Ponteareas

    O Concello organiza diversas actividades do 21 de xaneiro ao 7 de febreiro co gallo do aniversario do escritor e pensador Alfonso Rodríguez Castelao

    Ponteareas volve homenaxear este mes de xaneiro ao escritor e pensador Alfonso Manuel Daniel Rodríguez Castelao co gallo do 72 aniversario do seu falecemento. A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a participar nas diferentes actividades que se realizarán entre o 21 de xaneiro e o 7 de febreiro para honrar a este intelectual comprometido, narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político que chegou a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX.

    As actividades comezarán hoxe venres 21 de xaneiro coa inauguración da exposición de láminas que percorrerá varios edificios institucionais e en arredor 40 locais comerciais e da hostalaría da vila ata o vindeiro 7 de febreiro. Os comercios agasallarán ao público visitante con rascas cos que o público poderá gañar camisetas cunha imaxe de Castelao. As persoas premiadas poderán recoller o seu agasallo na biblioteca municipal.

    O 28 de xaneiro, o humorista e ilustrador gráfico Pablo Prado impartirá un obradoiro de iniciación ao humor gráfico na biblioteca municipal a partir das 18.00 horas. Residente en Ponteareas dende os 3 anos, Prado gañou o premio de banda deseñada de O Garaxe Hermético con ‘Nerea e o príncipe da Sorte’, un traballo con guión de Miguel Rojo e publicado pola editorial Xerais. Colabora ademais dende hai anos en proxectos vinculados á loita pola igualdade como a asociación feminista FestiVal das Brétemas ou SOS Racismo Galicia; no 2019 participa na ilustración do videoclip de animación ‘Semillas’, de Tremenda Jauría; e en 2020 traballa como storyboard na serie de Netflix ‘La casa de papel’ e colabora con Fernando Llor na banda deseñada ‘O último festi’, para o Armadiña Rock de Combarro.

    A actividade será de balde con prazas reducidas, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse no correo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.es ou no teléfono 986 660 765.

    Xa o vindeiro 30 de xaneiro ás 12.00 horas celebrarase a ofrenda floral na avenida ponteareá que leva o nome do ilustre escritor, que contará co acompañamento musical do grupo de gaitas Naiama.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.