13.1 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Escola de Música de Xinzo abre o prazo de inscrición do...

    A Escola de Música de Xinzo abre o prazo de inscrición do vindeiro curso

    O período para inscribirse no próximo curso dá Escola de Música de Xinzo (ESMU), que se impartirá entre setembro deste ano e o próximo xuño de 2023, xa deu comezo. Desde este 20 de xullo é posible realizar a matrícula tanto para as clases que se estiveron impartindo durante estes últimos anos como para a nova clase de canto. E, en canto aos alumnos veteranos da ESMU, tamén hai novidades para eles.

    Como cada ano, impartiranse as clases de Linguaxe Musical e de Instrumento, a elixir o que o alumno queira aprender a tocar dentro da corda de vento e percusión. A isto súmase a posibilidade de entrar a formar parte da Banda de Música Infantil e, de novo, os máis pequenos —nenos e nenas de entre 5 e 7 anos— teñen a oportunidade de inscribirse no Xardín Musical. Nestas clases, aprenderán música desde unha idade moi temperá e compartirán tempo con futuros compañeiros da ESMU.

    Por outra banda, como novidade deste curso, a artista iAlma impartirá clases de canto por 60€ ao mes para alumnos de todas as idades. Para apuntarse a esta e ás anteriores clases mencionadas, é posible contactar coa Escola de Música a través dos números de teléfono 620-061-434 e 652-174-676, ou ben escribir á dirección de correo electrónico direccion.bmxx@gmail.com . O prazo de matrícula conclúe o próximo 31 de agosto.

    Ademais, como outra novidade deste ano, aqueles que xa foron alumnos da ESMU no curso 2021-2022 poderán elixir o horario das súas clases antes que os educandos de nova inscrición. Será na reunión de presentación que terá lugar o 1 de agosto ás 20:00h nas instalacións da Escola de Música.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS