18.5 C
Pontevedra
Xoves, 1 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Concellería de Innovación de Ponteareas porá en marcha unha aplicación para...

    A Concellería de Innovación de Ponteareas porá en marcha unha aplicación para obter o ticket electrónico de atención cidadá

    O obxectivo é evitar as colas de espera e a conxestión dos servizos de atención ao publico, así como mellorar a seguridade sanitaria tanto das e dos usuarios como a dos e das traballadoras

    O concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico do Concello de Ponteareas, Benito Márquez, deu a coñecer a implantación nestas semanas dun novo sistema intelixente de atención cidadá en tódolos departamentos que prestan actualmente servizos de atención ao publico.

    “O obxectivo –explica Márquez– é continuar prestando os servizos de atención, respectando as medidas de saúde, seguridade e hixiene impostas polo COVID-19. Esta nova situación está provocando un cambio fundamental no modo de vida da sociedade e no xeito de relacionarnos, e dende o Concello debemos de dar resposta a todas as necesidades críticas xurdidas a raíz desta nova situación”.

    O novo sistema que se está implantando permite a obtención dunha quenda dende o teléfono móbil ou a través da web (tícket electrónico), así como o seu seguimento a distancia e a notificación da quenda, evitando o uso de elementos táctiles públicos para a obtención da mesma, co fin último de desconxestionar as salas de espera e permitindo que o cidadán acuda unicamente cando estea a punto de ser chamado para a súa atención.

    “O que se pretende é evitar as aglomeracións dos cidadáns no Concello nas salas de espera, mellorar a saúde laboral dos e das traballadoras e desconxestionar os servizos. Debemos protexer á cidadanía durante o tempo de espera, mantendo a distancia de seguridade, o que redundará ao mesmo tempo nunha mellor protección de tódolos traballadores que prestan os servizos de atención cidadá. Debemos pensar en todos e todas e axudar a que tanto uns coma outros estean seguros”.

    “A e o usuario poderá pedir cita telematicamente, a través dunha aplicación móbil, e poderá seguir a cola en tempo real para os tíckets electrónicos xerados. A través da app, recibirá información en tempo real do número de persoas en espera e do tempo aproximado para ser atendido. Cando a súa quenda estea próxima, o usuario recibirá no móbil unha notificación, podendo realizar a espera na rúa, na casa ou no coche, mantendo a distancia de seguridade”, sinalou o concelleiro socialista Benito Márquez.

    “É importante salientar tamén que este sistema está integrado en certos casos cun sistema de videoconferencia, onde se permitirá a realización de citas virtuais entre a e o traballador público e a cidadanía, ou simplemente telefonicamente, garantindo un servizo eficaz sen que o usuario teña que vir fisicamente ao concello”.

    Non obstante, tamén está contemplada unha oficina a cidadanía onde poidan acudir presencialmente aquelas persoas que non dispoñan de teléfono móbil ou internet para solicitar a cita telematicamente.

    Por último, o concelleiro quixo agradecer públicamente o esforzo que o Departamento de Innovación e Desenvolvemento “está levando a cabo nos últimos meses nesta situación complicada para todos e que está redundando en que o Concello siga en funcionamento”.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS