8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Audiencia Provincial considera que a concelleira Vanesa Fernández non cometeu ningún...

    A Audiencia Provincial considera que a concelleira Vanesa Fernández non cometeu ningún tipo de irregularidade

    A resolución firme, considera inexistente a prevaricación e afirma que houbo "temeridade" nas tres denuncias interpostas por tres membros de Protección Civil Ponteareas contra a entonces concelleira de Seguridade Cidadá

    A concelleira socialista do Concello de Ponteareas, Vanesa Fernández, deu a coñecer hoxe aos medios de comunicación a resolución firme da Audiencia Provincial de Pontevedra que desestima a denuncia por prevaricación interposta por tres membros de Protección Civil de Ponteareas cando Fernández ostentaba o cargo de Concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade no ano 2019.

    Vanesa Fernández explica que a Audiencia Provincial desestimou o recurso de apelación impoñendo as costas do recurso aos denunciantes ao apreciar o tribunal “temeridade” por parte dos denunciantes, que se aprecia “na falta de solidez dos argumentos da parte querellante e o itínere procesal que promoveu coa ocultación da previa existencia dunhas dilixencias informativas en fiscalía”.

    A agora concelleira de Emprego e Formación explica que “queda demostrado porque así o dí a Audiencia Provincial que se empregaron “afirmación incertas”, que “non existe ilicitude penal algunha”, que “a parte apelante pretendía impoñer un procedemento distinto ao que foi asumido” e que “o escrito de impugnación artículase sobre afirmacións inveraces”.

    Na rolda de prensa a concelleira socialista relatou o histórico dos feitos salientando o dano persoal ao que se víu sometida e o ataque do grupo da oposición do Partido Popular. “Durante todo este tempo –afirmou Vanesa Fernández– tiven que soportar un asedio brutal nas redes sociais, acentuada sobre todo por algúns edís do PP chegando incluso a través da súa voceira Belén Villar a pedir unha comparecencia no Pleno para tratar de xulgar e o que a Xustiza estaba a resolver”.

    Vanesa Fernández manifestou que hoxe “era un día importante” para ela e para a súa familia porque se facía xustiza e adiantou que agarda “unha rectificación por parte dos concelleiros e concelleiras populares”.

    Na súa comparecencia Fernández tivo palabras de agradecemento para os voluntarios e voluntarias de Protección Civil Ponteareas que seguiron amosando compromiso, vontade e responsabilidade adicando o seu tempo e esforzo durante todo este “lamentable” proceso.

    Vanesa Fernández tamén quixo destacar que as datas destes feitos correspóndense a períodos electorais de eleccións municipais polo que, afirma, “parece que existe unha mala fe ao poñer tres denuncias contra a miña persoa, reiterando acusacións e ocultando ao xuíz os resultados dunhas investigacións relaizadas. Isto semella acoso e derribo en plena época electoral co único seguimento e cobertura do PP ando eran coñecedores do expediente e da miña inocencia”.

    Relación de feitos

    O día 18/02/2018 un grupo de voluntarios da agrupación de Protección Civil Ponteareas (en diante P. C.) diríxense á entonces concelleira de Seguridade Cidadá Vanesa Fernández para poñer no seu coñecemento unha serie de supostas irregularidades e ilegalidades que se estaban cometendo na agrupación municipal.

    O día 16/04/2018 incóase o expediente sancionador contra o entonces presidente da agrupación de P. C.

    O día 26/10/2018 resólvese o expediente sancionador acordando como sanción a expulsión do presidente como voluntario de P. C. e consecuentemente o cese do mesmo como presidente de calquera outro cargo que ostentase.

    A raíz desta sanción prodúcese un vacío legal e a agrupación de P. C. queda sen presidente, polo que tras varios informes xurídicos, acórdase levar ao pleno a modificacion do regulamento de P. C. para solventar este vacío legal e ao mesmo tempo nomear un responsable da agrupación para poder seguir prestando o servizo de P. C. na vila.

    Finalmente, e a pesares do posicionamento en contra da oposición, o regulamento de P. C. modifícase no pleno e permite dar normalidade á prestación deste servizo público.

    Ante todo isto, varios voluntarios de P. C. acuden en decembro de 2018 a presentar unha denuncia contra a concelleira Vanesa Fernández na Garda Civil. A Garda Civil arquiva a denuncia.

    O 28 de decembro de 2018 presentan denuncia contra a concelleira Vanesa Fernández na fiscalía de Vigo acusándoa de varios delitos (prevaricación contra os dereitos dos e das cidadás).

    O 12 de marzo de 2019 a fiscalía de Vigo arquiva as dilixencias posto que non hai vulneración de preceptos legais e non se tiña adoptado ningún acto ou resolución do Concello contrario ao regulamento. A fiscalía engade que “os actos denunciados non revisten natureza delitiva e tampouco concurren indicios de delito de prevaricación”.

    En outubro de 2019, tal e como recolleu un medio de comunicación sen contrastar e comunicando falsidades que tiveron que rectificarse, tres membros de P. C. presentan querella contra a concelleira Vanesa Fernández por presunto delito de prevaricación… “outra vez en período electoral… esta vez eleccións estatais”.

    O xulgado de primeira instancia e instrución de Ponteareas acorda mediante auto de 13/12/2019 o sobresemento e arquivo das actuacións. Contra este auto interpúxose por parte deste grupo de voluntarios de P. C. recurso de apelación que foi resolto pola audiencia provincial con carácter firme o 19/02/2020.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.