Tag: degusta europa
“Degusta Europa” chega ao seu fin na Guarda
Despois de recalar nos mercados das vilas do Grove, Mondariz, Pontevedra, Gondomar e Vigo, o programa “Degusta Europa” da Deputación de Pontevedra puxo o broche de ouro a esta edición na súa última cita, que tivo lugar no mercado municipal da Guarda.
Degusta Europa chega á Praza de Abastos da Guarda o vindeiro martes
Un ano máis a Deputación de Pontevedra celebra o Día de Europa, no que se conmemora a “Declaración de Schuman” asinada en 1950, lanzando o exitoso programa “Degusta Europa”, unha actividade que se desenvolverá entre este xoves 12 e o día 31 nos mercados locais de O Grove, Mondariz, Pontevedra, Gondomar, Vigo e A Guarda.
“Degusta Europa” triunfa en Gondomar
Preparacións gastronómicas típicas de diferentes países europeos readaptadas con produtos de quilómetro cero, da provincia de Pontevedra, convertéronse en protagonistas no Mercado de Gondomar a través do programa da Deputación de Pontevedra “Degusta Europa”.
“Degusta Europa” chega a Mondariz nunha nova cita gastronómica
O programa da Deputación de Pontevedra “Degusta Europa” continúa a súa ruta polos mercados da provincia cunha nova parada en Mondariz.
‘Degusta Europa’ chega á Praza de Abastos da Guarda o 11 de abril
O programa Degusta Europa, con degustacións culinarias en distintos mercados da provincia, vinculado á campaña 'Fame de Experiencias' da Deputación de Pontevedra, estará na Praza de Abastos da Gaurda o xoves, 11 de abril, en horario de 11 h a 12 h. A iniciativa que que potencia a enogastronomía; pretende,...