9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoAs NevesAs Neves pon en marcha un portal inmobiliria público que facilita a...

    As Neves pon en marcha un portal inmobiliria público que facilita a venda e alugueiro de vivenda

    O Concello das Neves vén de poñer en marcha un portal inmobiliario público, vivenasneves.gal, que ten coma obxectivo impulsar a “recuperación de poboación”, facilitando que aquelas persoas que o desexen, podan atopar vivenda nas Neves, en venta o en alugueiro.

    Como sinalaron o alcalde, Xosá Manuel Rodríguez, e o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, esta nova plataforma forma parte da filosofía de #ViveNasNeves, un proxecto impulsado polo Goberno local neste mandato, que quere “amosar e impulsar as ventaxes de vivir no noso concello”, o seu atractivo cultural, e natural, servizos, oferta educativa en todos os niveis o a súa proximidade ás dúas grandes cidades do noroeste peninsular: Vigo e Oporto.

    Vía Internet, visita presencial, por correo electrónico e tamén por WhatsApp

    vivenasneves.gal facilitará o contacto, “dun xeito ordenado” entre aquelas persoas que queren atopar casa nas Neves e ás que a están buscando. Para iso conta cunha nova oficina, situada no edificio do Mercado Municipal, que estará aberta de 10:00 a 14:00h; o propio portal web, vivenasneves.gal; un enderezo electrónico no que será posible pedir cita, vivesnasneves@asneves.gal, e un teléfono, o 604 045 298, no que é posible facer, tamén consultas e solicitar e ofrecer información, tanto chamando directamente como por WhatsApp, incluindo fotos do inmoble que se queira poñer en aluguer o en venda.

    Na actualidade hai xa unha “bolsa considerable” de ofertas que permitiron que a plataforma botase a andar con máis de 40 propiedades (casas, chalets, pisos, fincas, naves, áticos e oficinas) á disposición de particulares interesados en trasladarse ás Neves, axencias inmobiliarias e empresas que busquen locais nos que establecerse.

    Cómo publicar unha oferta en vivenasneves.gal?

    Os trámites son moi doados: hai que darse de alta na plataforma e seguir os pasas para publicar o teu inmoble. Unha vez rexistrado/a calquera persoa pode ver e editar o seu ‘anuncio’, accedendo ao seu perfil e facendo os cambios que queira.

    Tamén é posible enviar por correo electrónico o formulario que se atopa na web e dende vivenasneves.gal incluirán directamente a propiedade que quere venderse ou alugarse.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.