A alcaldesa, Eva García de la Torre denunciou hoxe que “por quinto ano consecutivo castigase a Porriño con cero euros de inversión nos Orzamentos Xerais de Galicia”. Segundo o proxecto presentado pola Xunta ante o Parlamento, non aparecen ninguna partida orzamentaria para Porriño para 2020.
A alcaldesa do Porriño, que amosou o seu “máis absoluto rexeitamento a estas contas que ignoran ao Porriño”, asegura que unha vez máis, quedan sen resposta demandas históricas que fi un municipio de máis de 20.000 habitantes e en crecemento constante”.
A alcaldesa emplazou a Alejandro Lorenzo, candidato do PP nos últimos comicios locais e actual xefe da oposición “que dixo que se rompería a cara polos intereses de Porriño, tería que estar pedindolle contas ó seu presidente provincial, Rueda como ó titular da Xunta, Feijóo de por que non se fan as inversión necesarias para Porriño”.