12.4 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiO Concello de Tui terá un servizo de atención e asesoramento psicolóxico

    O Concello de Tui terá un servizo de atención e asesoramento psicolóxico

    Contará cunha psicóloga e unha traballadora social

    O Concello de Tui asinou está mañá un convenio de colaboración coa Asociación Avelaíña da Guarda, para a posta en marcha do servizo de atención e asesoramento psicolóxico de persoas con problemas de saúde mental, en Tui.

    Estará composto por unha psicóloga e unha traballadora social que, proporcionarán apoio e asesoramento psicolóxico individual e familiar aos veciños e veciñas que o precisen.

    O alcalde de Tui mostrouse satisfeito por esta colaboración que “cubre unha das grandes carencias de Tui”, a inexistencia dunha Unidade de Saúde Mental próxima así coma non contar cunha atención específica e continuada de saúde mental.

    A atención psicolóxica é unha necesidade para o Concello de Tui para mellorar o benestar dos seus veciños e veciñas, afectados recentemente tanto pola catástrofe acontecida en Paramos o pasado maio de 2019, como pola situación de emerxencia sanitaria derivada da COVID-19.

    Grazas ao convenio, este servizo servirá apoio para as persoas que sofren enfermidades mentais e, que actualmente, precisan unha maior atención debido á situación actual provocada pola COVID-19, segundo sinalou o concelleiro de Servizos Sociais do Concello de Tui, Ismael Diz. A entidade sen ánimo de lucro, leva colaborando con varios concellos para brindar axuda a este “colectivo tan desfavorecido”, dicía María Fernanda Orduna presidenta de Avelaíña quen, destacou o logro que supón esta colaboración co Concello Tui.  

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.