15.9 C
Pontevedra
Venres, 22 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiO Concello de Tui organiza un taller de gastronomía “Sabores de Sefarad”...

    O Concello de Tui organiza un taller de gastronomía “Sabores de Sefarad” a cargo do cociñeiro Javier Zafra

    Impartirase o luns 26 de outubro dirixido a profesionais da hostalería e restauración tudense

    O Concello de Tui coa integración da Red de Juderías de España está traballando na promoción turística da nosa cidade ao abeiro do importante conxunto patrimonial relacionado coa presenza xudía na nosa cidade ao longo dos séculos. Pero este labor precisa complementarse con outras medidas que consigan incrementar o atractivo da nosa cidade en torno aos recursos xudeus ou sefardís.

    Neste sentido, un elemento clave é a gastronomía, pois é o complemento idóneo a unha visita á nosa cidade. Pero cómpre que esta oferta gastronómica contribúa a incrementar o valor da nosa oferta turística, cunhas propostas dos nosos restaurantes relacionadas con este patrimonio xudeu.

    O Concello de Tui a través da Red de Juderías para afondar nesta liña organiza un obradoiro práctico denominado “Sabores de Sefarad” a cargo do cociñeiro Javier Zafra que estará en Tui o luns, 26 de outubro de 2020. Está dirixido exclusivamente a profesionais da hostalaría e restauración tudense. Javier Zafra é autor do libro “Sabores de Sefarad”, que recolle unha escolma de receitas ou komidikas  facilmente realizables, e xestiona o blog do mesmo nome que pretende ser un lugar onde compartir os pratos cociñados, experiencias culinarias e vivencias dos profesionais que traballan arredor da gastronomía sefardí.

    Javier Zafra a través deste taller, dirixido a cociñeiros e chefs, pretende incentivar o mantemento desta forma de guisar que forma parte da nosa tradición culinaria e integrar estes pratos na oferta gastronómica das cidades integradas na Red de Juderias mellorando os recursos que ofrecen aos seus visitantes. Será un actividade eminentemente práctica coa mostra de materiais, condimentos, receitas en vivo, etc.

    O concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, convida aos establecementos de restauración abertos na cidade a este taller que considera de gran interese para coñecer esta proposta gastronómica que ten como finalidade mellorar a oferta gastronómica e turística de Tui. Unha aspiración que nestes momentos de incerteza resulta imprescindible de acometer conxuntamente. O taller terá lugar na Aula Uned de Tui o luns 26 de outubro de 17,00 a 20,00 horas. Os interesados deben inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo ou a través do correo electrónico: turismo@tui.gal.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS