Esta semana rematan as reunión do Goberno de Tui coa veciñanza das parroquias

Reunión mantida polo alcalde Enrique Cabaleiro e o equipo de Goberno coa veciñanza de Randufe

Esta semana rematan as reunións que o equipo de goberno de Tui está a manter coa veciñanza das distintas parroquias tudenses. O obxectivo destes encontros, que se celebraron xa Areas, Malvas, Baldráns, Rebordáns, Guillarei, Randufe e Pazos de Reis, é coñecer as necesidades de cada parroquia da man dos propios veciños e veciñas.

Así, as persoas que asisten poden formular as súas preguntas tanto ao alcalde coma aos concelleiros do equipo de Goberno.

Hoxe luns a reunión será na Casa Cultural de Caldelas. O martes, 19 de novembro na Casa Cultural de Paramos; o mércores día 20 de novembro na Casa Cultural de Ribadelouro e, finalmente, o xoves 21 de novembro na Casa Cultural de Pexegueiro. Todas as xuntanzas serán ás 20 horas.