19.6 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiEnrique Cabaleiro asegura que a oficina de Urbanismo de Paramos "funciona con...

    Enrique Cabaleiro asegura que a oficina de Urbanismo de Paramos “funciona con total normalidade”

    A Oficina de Urbanismo que está a xestionar os expedientes relacionados coa catástrofe de Paramos funciona con total normalidade. Ten concedido 12 licenzas de obras maior e 96 comunicacións previas. Así o informou esta mañá o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez.

    Nesta oficina, situada no Centro Municipal de Formación en Guillarei, traballan arestora dous técnicos da Deputación, un xurídico, un arquitecto e un auxiliar administrativo. Un persoal que máis aló de informar á solicitude de licenzas de obra maior e as comunicacións previas tamén tramitan a totalidade de reclamacións de ICIO e do IBI aos afectados.

    Enrique Cabaleiro, en comparecencia ante os medios de comunicación, quixo deixar claro que o traballo que se está a realizar nesta oficina está a ser excepcional e non hai ningún obstáculo. Do mesmo xeito sinalou que tanto el coma a concelleira de Urbanismo está a dispor dos afectados e dos seus representantes legais, para recibilos e aclararlles calquera dúbida. Tamén destacou o “excepcional labor dos técnicos que tiveron que lidiar con situacións complexas”. Ao tempo Enrique Cabaleiro agradeceu e puxo en valor a aportación das distintas administracións que estiveron ao lado dos afectados para paliar os efectos da traxedia.

    Previamente á súa comparecencia ante os medios o alcalde, a concelleira de Urbanismo e técnicos municipais, mantiñan unha reunión cos voceiros do grupos políticos presentes na corporación municipal para informalos da “situación exacta e fidedigna” dos expedientes de Paramos.

    Enrique Cabaleiro saíu así ao paso tanto da información aparecida nun medio de comunicación coma nunha nota de prensa enviada polo grupo municipal do Partido Popular sobre a tramitación urbanística. Indicou que esas informacións xeraron unha importante alarma social, e moitos afectados pasaron pola Oficina en Guillarei amosando a súa preocupación. Nese senso apuntou que “tanto este goberno, como o anterior, estamos facendo, e fixo, un esforzo importante para que este tema se solucione do xeito máis rápido”.

    Aclarou tamén que a concesión de licenzas ten que outorgarse con todas as garantías legais, punto no que incidía tamén a concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, apuntado que estas vivendas teñen que ter seguridade xurídica e unha garantía para toda a vida.

    Na rolda de prensa deron datos concretos da tramitación de expedientes, que insistía reflicten que se está a traballar con normalidade . Así das 105 comunicacións previas presentadas hai 9 pendentes de resolver, das que a 5 lles faltan autorizacións sectoriais. Mentres das 24 solicitudes de licenzas de obra maior hai 12 concedidas, 6 pendentes de informar, 5 pendentes de presentar a documentación que se lle requiriu. Tamén informou que se está a realizar unha modificación de erros na ordenanza municipal de axudas, que agardan levar a pleno para a súa aprobación no mes de setembro.

    Tamén está en tramitación o Plan Deporemse para a reposición dos servizos na zona cero, no que se realizou unha modificación pendente de ser informada estes días. Solicitáronse xa dende o concello as autorizacións sectorais e o próximo paso será a licitación dos traballo. Confían, segundo o explicado pola concelleira de Urbanismo, que estas obras poidan estar completadas a finais de ano ou comezos do próximo.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS