12.4 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiClausurada a temporada do programa Cultiva a Mente realizado en sete parroquias...

    Clausurada a temporada do programa Cultiva a Mente realizado en sete parroquias tudenses

    Onte tivo lugar na ribeira de Caldelas a clausura do programa Cultiva A Mente que se desenvolveu dende o pasado outono en sete parroquias tudenses: Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns e Ribadelouro. No acto estiveron presentes o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez.

    Un acto no que o alcalde, Enrique Cabaleiro, salientaba que unha das cuestións máis importantes que podemos facer é “investir nas persoas, investir no coidado das persoas”. Engadía que “estamos felices de que este ano se incorporara unha parroquia máis, que sexades máis persoas as e os usuarios deste servizo “nos comprimetemos a seguir incrementando o servizo, para incorpora o vindeiro ano a dúas parroquias máis”.

    Tamén avanzou o obxectivo de na próxima temporada por en marcha novos programas coma “Cultiva o corpo”, e incorporando actividades de lecer

    Lembramos que “Cultiva a Mente” ten por obxectivo promover un envellecemento activo e saudable das persoas maiores de 55 anos  a través de diversas actividades en centros culturais de 6 parroquias tudenses.

    Tamén en colaboración con AFAGA desenvolveuse o curso “Coidando-me” dirixido a persoas coidadores de familiares dependentes.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS