10.5 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoO Concello de Tomiño felicita aos creadores do proxecto Jamii polo primeiro...

    O Concello de Tomiño felicita aos creadores do proxecto Jamii polo primeiro premio do SocialHack da Deputación de Pontevedra

    Gañaron cun proxecto de creación dunha plataforma para captar fondos e recursos creando comunidade a través da difusión das súas iniciativas sociais de xeito xeolocalizado. Entre os membros do equipo, Henar Alonso, voluntaria na OMIX de Tomiño

    O Concello de Tomiño quere felicitar ao equipo creador do proxecto Jamii, gañadores do primeiro premio do SocialHack, un galardón obtido ao abeiro do primeiro Hackaton online do terceiro sector organizado pola Deputación de Pontevedra, un encontro para o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras que faciliten a xestión das entidades sociais.

    Os nosos parabéns a todo o equipo gañador Henar Alonso, voluntaria da OMIX de Tomiño, Isabel Alonso, Jarold Lugo, Eduardo Castro e Celso Gómez. Este grupo de mozos e mozas do Baixo Miño triunfou coa súa proposta, unha páxina web que por unha parte permite realizar doazóns, participar en actividades de voluntariado, facerse socio das entidades e solicitar as súas axudas. Grazas á xeolocalización, a plataforma redirixe aos usuarios e usuarias de forma automática aos proxectos que teñen máis próximos.

    Esta segunda edición da Hackaton da Deputación estaba enfocado a dar solucións innovadoras aos problemas de comunicación que teñen as asociacións e que Jamii soliciona tendo en conta ás persoas colaboradoras, aquelas que queren colaborar pero son saben nin cando nin onde; ás asociacións que precisan axuda económica ou voluntariado, que a través desta plataforma poderán automatizar a xestión do voluntariado, as listaxes de doazóns e as solicitudes de axuda social; e ás persoas usuarias das entidades, que poden atopar na plataforma as asociacións que acheguen recursos próximos a elas e filtrar por alimentación, aloxamento e axuda social, podendo facer as súas solicitudes directamente dende a web.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.