O Concello de Tomiño celebra, coma cada ano, o Día Internacional da Muller (8 de marzo), cunha serie de actos. Estes comezaron xa este pasado venres coa inauguración dun mural no exterior do Campo de fútbol do Alivio, obra da artista guardesa Gemma Marqués sobre unha imaxe de Sara Rodríguez Salvador ‘Sara da Pisca’, tomada pola fotógrafa Pily Reñones.
O acto tivo lugar ao pé do mural ás 13.30 horas, coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, as dúas artistas implicadas no proxecto, concelleiros e usuarios do Centro de Día.
Tanto a autora do mural, licenciada en Belas Artes e veciña da Guarda, coma a fotógrafa Pily Reñones, tomiñesa e distinguida con varios premios de fotografía nacionais e internacionais, amosáronse contentas co resultado final da obra.

Sara Rodríguez Salvador, retratada no mural, é a veciña tomiñesa de maior idade e pertence a familia ‘dos piscos’; alcume que vén duns bois pequenos que tiña a súa familia.
Afeccionada ao fútbol, ía até os 90 anos ou máis, a ver o Tomiño F.C. O Concello quere facer un pequeno homenaxe en agradecemento a Sara, un muller que, desafiando as normas que relegan á muller ao espazo privado e as apartan de aqueles eidos tradicionalmente masculinos, acudía a o campo de fútbol do seu equipo, o Tomiño FC , como a afeccionada incondicional.
Onte sábado, continuaban os actos do Día da Muller coa representación, no Auditorio de Goián de ‘1879. Casa de Bonecas’, a innovadora proposta dos actores galegos Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto, que revisa o clásico do autor Henrik Ibsen. A compañía ‘Estudo Momento’ achegaba a Tomiño esta adaptación do clásico do dramaturgo noruegués, predecesor dos movementos feministas. Nesta versión, Iria e Mejuto, dan vida ao matrimonio Helmer, nunha proposta na que os actores realizan unha disección do matrimonio, das relacións de autoridade e da liberdade.

Ás 12 do mediodía de hoxe domingo, tiña lugar unha concentración no Mercado Municipal, com música, poemas e lectura dun Manifesto.
Por último, o día venres 27 de marzo ás 19 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello e organizado pola Oficina Municipal de Igualdade, terá lugar unha charla-coloquio de Rosa Cobo Bedía, baixo o título A cuarta ola feminista e a violencia sexual. A autora realizará un percorrido pola historia do feminismo ata chegar á gran vindicación desta chamada Cuarta ola; falando da violencia sexual como mecanismo de control que impide ás mulleres a apropiación igualitaria do espazo público e acadar a súa autonomía e liberdade, así como a análise crítica de prácticas historicamente naturalizadas , como a prostitución.