Últimos días para anotarse no obradoiro de vídeo mapping organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), esta fin de semana no Concello de Tomiño. Na páxina web www.tomino.gal, segue aberto o prazo de inscrición para aprender a proxectar imaxes en movemento e con música.
Dende Navarra e a bordo da súa máquina voadora chega a Tomiño o artista visual Miguel Martínez Caraballo para impartir un obradoiro de vídeomapping a fin de semana do 23 e 24 de xullo. O alumnado participará activamente durante dous intensos días de formación e proxectará sobre a fachada do concello o videomapping realizado.
- Horario curso: venres e sábado de 19h a 21h
- EVENTO VIDEOMAPPING: sábado ás 22h
- Idade: A partir de 12 anos
- Lugar: Salón de Plenos do Concello de Tomiño
- Prezo: 20€
Outra proposta para este mes é un curso teórico-práctico de pintura básica impartido por Gemma Marqués, co obxectivo de entender a teoría da cor, aprender a misturar as cores dun xeito rápido e eficaz, facer gamas de cor, aplicalas nos cadros e así poder crear obras cunha técnica axeitada, fácil e rápida.
- Data de inicio: mércores 20 de abril
- Horario: mércores de 17h a 18.30h
- Idade: a partir de 12 anos
- Lugar: OMIX TOMIÑO
- Data de finalización: 11 de maio
- Prezo: 15€
Pero ademais xa é posible facer a inscrición para os novos cursos de maio
CURSO DE ADESTRAMENTO CANINO (iniciación)
Neste curso impartiranse nocións para lograr unha boa comunicación con cans e cadelas; diferentes opcións de materiais dispoñibles no mercado; utensilios de paseo, correas, arneses ou colares, xoguetes etc. Coñeceranse as necesidades das mascotas, como satisfacelas axeitadamente e as bases do adestramento básico para o día a día, como por exemplo unha chamada efectiva. As persoas interesadas deberán asistir ao curso coa súa mascota, aínda que se permitirá tamén a asistencia de persoas en calidade de oíntes.
- Data de inicio: sábado 14 de maio
- Horario: sábados de 11 a 13h
- Idade: a partir de 12 anos
- Lugar: Escola Obradoiro de Goián
- Data de finalización: 11 de xuño
- Prezo: 20€
CURSO MONOGRÁFICO DE CESTERÍA: A CESTA MIXTA
Curso especializado nunha peza en particular, neste caso, a cesta mixta. Este curso dividirase en dúas partes; unha teórica e outra práctica. Na primeira parte aportaranse datos detallados sobre a peza a tratar e datos sobre a identificación das materia primas que se empreguen. Cada participante aprenderá a confeccionar, crear e compoñer a súa propia peza, coa guía que aporte o docente.
- Data: día sábado 21 de maio
- Horario: de 10 a 13h e de 16h a 20h
- Idade: a partir de 12 anos
- Lugar: Escola Obradoiro de Goián
- Prezo: 10€