9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoA aula CeMIT de Tomiño impartirá este verán cursos de balde para...

    A aula CeMIT de Tomiño impartirá este verán cursos de balde para estudantes

    Os asistentes, de entre 8 e 15 anos, poderán escoller entre un curso de retoque fotográfico e outro para aprender a usar un procesador de texto, ambos os dous de acceso gratuíto

    Durante os meses de xullo e agosto a aula CeMIT de Tomiño impartirá diferentes cursos de balde orientados á infancia e mocidade de entre 8 e 15 anos.

    O primeiro deles estará relacionado co retoque fotográfico, utilizando o GIMP, un programa gratuíto que permite realizar retoques, creación de imaxes e composición. Na outra actividade de formación, aprenderase a usar o Libreoffice Writer, un procesador de texto, outro programa de balde, grazas o cal pódense crear documentos de texto de calquera tipo, aínda que neste caso orientaranse, sobre todo, a traballos escolares.

    A aula CEMIT, sita no parque do Campo da Feira, é un espazo onde durante todo o ano se realizan obradoiros gratuítos relacionados ca informática, para todas as idades. Cursos de diferentes niveis, que van dende iniciación no uso de ordenadores, a formacións máis específicas como ofimática, retoque fotográfico ou edición de vídeo. Ademais o técnico responsable da aula está dispoñible dentro do seu horario para resolver dúbidas relacionadas co uso dos ordenadores ou Internet a quen o precise.

    O horario da aula é de luns a venres de 9:15 a 13:45, e, ademais, os martes e xoves, de 18:30 a 20:30. Para máis información ou para inscribirse nos cursos, as persoas interesadas poden chamar ó 986-623304 ou mandar un correo electrónico a cemit.tomino@xunta.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.