23.6 C
Pontevedra
Luns, 5 de Xuño de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalNova saída do grupo de voluntariado de limpeza da natureza do Rosal

    Nova saída do grupo de voluntariado de limpeza da natureza do Rosal

    O Rosal organiza esta fin de semana unha nova saída do seu grupo de voluntariado de limpeza da natureza, un encontro que “un impacto moi positivo no noso concello grazas ao seu labor e que nos permite ao mesmo tempo fomentar a concienciación e participación activa da veciñanza no coidado do noso medio ambiente e dos espazos naturais nos que se goza de tempo de lecer”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

    A actividade desenvolverase o vindeiro domingo 7 de maio a partir das 10.00 horas. Nesta ocasión o punto de encontro será As Eiras, no aparcamento fronte ao Chapiñas. As persoas participantes irán recollendo o diferente lixo que se vaia atopando na contorna, polo que se recomenda ás e aos participantes que leven luvas, aínda que a organización levará bolsas e tamén luvas por se alguén as precisa.

    As persoas interesadas en participar deberán inscribirse chamando ao Concello ao 986 62 50 00 ou enviando un correo electrónico a conserxe@orosal.gal especificando nome, apelidos, documento de identidade e número de teléfono de contacto, así como nome e apelidos das persoas que se inscriban baixo a súa responsabilidade. Todas as persoas inscritas contarán cun seguro de participación na actividade. Aquelas persoas que non se inscriban e queiran formar parte desta saída poderán facelo pero baixo a súa responsabilidade.

    A data límite de inscrición é o mércores 3 de maio.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS