Mércores, 11 Decembro de 2024

O grupo Helen & Shanna actúa na Praza do Reló da Guarda o vindeiro 5 de decembro

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura que xestiona Montserrat Magallanes, retoma o proxecto ‘Música nos Xardíns’, paralizado por mor da pandemia da Covid-19 no mes de agosto, para por en valor a escena musical e de festivais a nivel local, en consenso coas asociacións culturais da vila.

Debido a pandemia do COVID-19, se tiveron que suspender os grandes eventos musicais existentes na vila da Guarda e que enchen de música cada ano diferentes espazos do noso municipio, é por elo, e ante as novas medidas de prevención e distanciamento social, que o concello da Guarda decidiu apostar por un proxecto no que se representasen aos colectivos que cada ano organizan festivais musicais, pero nun novo formato, “Música nos Xardíns”.

Despois dun primeiro concerto que se celebrou o pasado 31 de xullo a cargo do grupo local Milhomes, e dun segundo concerto que se celebrou o venres 21 de agosto co grupo Ded Routines, agora é a quenda do grupo Helen & Shanna, que porá o peche a esta edición o sábado 5 de decembro a partires das 11:30h na Praza do Reló. Cunha forte influencia folk, Helen & Shanna recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele.

A actividade terá inicio ás 11:30 h no Salón de Plenos do Concello cunha charla a cargo de Fernando Rego sobre Unha historia da música en Galicia. 1952–2018. Unha vez rematada a charla, Helen & Shanna fará a súa actuación en sesión vermú na Praza do Reló da Guarda.

Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850 (en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 17:00 h a 20:00 h) ou no enderezo electrónico [email protected]