15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda realiza a compra de 250 composteiros domésticos para...

    O Concello da Guarda realiza a compra de 250 composteiros domésticos para avanzar no seu Plan de Compostaxe

    O Concello da Guarda acaba de adxudicar o subministro de 250 composteiros domésticos para avanzar na implantación da compostaxe como sistema de xestión de biorresiduos.

    O reparto destes 250 composteiros realizarase acompañado dunha pequena explicación e unha demostración da montaxe do composteiro, co obxectivo de informar do proceso de compostaxe e resolver as dúbidas que poidan xurdir ao respecto.

    Ademais do reparto dos composteiros, a mestra composteira realizará ao cabo de 3-4 meses unha visita de seguimento a cada composteiro de cara a avaliar o proceso e a resolver incidencias que poidan xurdir.

    Coa instalación desta última partida, xa serían 476 os composteiros domésticos repartidos por todo o Concello dende o ano 2013, o que implicaría un total de 476 vivendas que xestionan a súa materia orgánica mediante compostaxe.

    Se queres solicitar o teu composteiro podes facelo a través do 986 61 00 00 ou en medioambiente@aguarda.es A adquisición destes composteiros realízase ao abeiro das axudas en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 durante os anos 2020 e 2021.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.