17.2 C
Pontevedra
Martes, 3 de Outubro de 2023
Máis

    Tag: composteiros

    O Concello de Arbo reparte composteiros entre a veciñanza

    O Concello Arbo continúa traballando na mellora da compostaxe na vila, neste caso co reparto de 50 composteiros individuais, que xa se están a repartir entre a veciñanza que realizaron a súa socilitude.

    O Concello da Guarda realiza a compra de 250 composteiros domésticos para avanzar no seu Plan de Compostaxe

    O Concello da Guarda acaba de adxudicar o subministro de 250 composteiros domésticos para avanzar na implantación da compostaxe como sistema de xestión de biorresiduos.

    O Concello de Oia reparte 15 novos composteiros entre a veciñanza

    O Concello de Oia continúa co seu programa de promoción da compostaxe doméstica, nesta ocasión a través da entrega de 15 novos composteiros individuais que se porán a disposición da veciñanza.

    Técnicos da Deputación de Pontevedra visitarán as parroquias de Tomiño para a entrega ou visita de composteiros

    O Concello de Tomiño e a Deputación de Pontevedra inician unha nova fase no sistema de entregas de composteiros individuais encadrados dentro do plan Revitaliza, que pretende establecer un novo modelo de xestión dos residuos orgánicos a través da compostaxe dos mesmos. O sistema de entrega, que ata agora se realizou a través de reunións periódicas cos veciños, pasará a ser levado a cabo por técnicos da Deputación de Pontevedra que visitarán as vivendas de todas as parroquias a partir da vindeira semana.

    A carpa do programa ‘Revitaliza’ chega a Tui para informar sobre compostaxe doméstica e comunitaria

    As mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra achegaranse este xoves ao concello de Tui para falar de compostaxe coa veciñanza. Instalarase unha carpa na rúa Casal Aboy para informar sobre compostaxe comunitaria e doméstica e entregar compost á veciñanza. As e os cidadáns que se acheguen poderán resolver dúbidas sobre a xestión dos residuos oránicos e do resto das fraccións e do punto limpo grazas explicacións do persoal técnico provincial.

    LIBROS

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.