Tag: coronavirus
O Concello de Nigrán ultima un segundo plan de axudas á hostalería do municipio ante a persistencia das limitacións sanitarias
O goberno local de Nigrán proporá un novo plan de axudas directas á hostalaría do municipio ante a persistencia das restricións sanitarias que limitan directamente o traballo do sector. Esta nova convocatoria súmase á actualmente en vigor.
Galicia deseña xa a loxística para vacinar contra a Covid-19 ao resto do persoal sanitario, aos grandes dependentes e a segunda dose nas residencias
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aseverou onte que Galicia está a deseñar xa a loxística para vacinar contra a Covid-19 ao resto do persoal sanitario, ao persoal sociosanitario dos centros de día e do SAF, así como aos grandes dependentes, ademais de para administrar a segunda dose nas residencias.
A Guarda reclama ás administracións fondos de urxencia para paliar o impacto económico negativo da pandemia
Hoxe día 15 de xaneiro celebrouse no concello da Guarda unha reunión de portavoces para valorar as novas medidas restritivas adoptadas pola Xunta e o seu impacto económico, sobre todo no sector da hostalería.
Peche individual dos concellos de Baiona, Ponteareas, Redondela, A Guarda, Tomiño, Tui, Oia, O Rosal e Salvaterra de Miño
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe aos galegos máxima prevención e anunciou que toda Galicia estará, desde o venres e, “probablemente, ata mediados de febreiro”, nos dous niveis máis altos de protección do protocolo contra a pandemia.
A Consellería de Sanidade informa á alcaldesa que O Porriño acadou os 46 positivos
A alcaldesa do Porriño, Eva García considera que a situación sanitaria do Porriño polo número de infectados pola Covid-19 "é verdadeiramente preocupante", segundo valorou despois de recibir este mediodía datos concretos sobre a incidencia actual da pandemia no concello. O número de persoas infectadas ata onte é de 46 das que 19 son contaxios acaecidos entre o luns (12) e martes (7).
O Porriño aínda está en alerta vermella
Por segundo día consecutivo, o concello do Porriño mantense no nivel 3 ou alerta vermella por un aumento das infeccións pola Covid-19. O mapa de alertas actualizado diariamente na páxina web do Sergas volve situar hoxe luns ao municipio porriñés en vermello ao superar as 21 infeccións nos últimos set
O Porriño sae de alerta vermella e baixa a laranxa, pero o Concello no modificará as restricións decididas onte
O Porriño abandonou hoxe a relación de concellos galegos en nivel vermello ou máximo de contaxios na que entrara onte. O concello porriñés baixou ao nivel laranxa, segundo informa a autoridade sanitaria.
O Porriño entrou hoxe en alerta vermella
O Porriño entrou hoxe en alerta vermella (nivel 3) segundo publica o mapa que diariamente difunde o Servizo Galego da Saúde. O Porriño aparece en nivel de alerta 3 por ter máis de 21 casos de covid activos nos últimos 7 días.
O Concello de Ponteareas insta á veciñanza a manter a prudencia ante a situación epidemiolóxica actual
O Concello de Ponteareas, a través da concelleira de Saúde, Cristina Fernández Davila, informa que a localidade vén de entrar no nivel 1 de alerta sanitaria, segundo fixo público a Xunta de Galicia. Isto implica que, nos últimos sete días, os novos casos positivos confirmados de COVID-19 sitúanse entre 7 e 14, non superando en todo caso os 14 nas últimas dúas semanas.
A alcaldesa de Salvaterra de Miño reúnese coa oposición para informar das medidas adoptadas ante a Alerta Vermella
Ante a declaración de ALERTA VERMELLA recibida por parte do SERGAS no Concello de Salvaterra de Miño no día de hoxe, o grupo do Goberno local informou a todos os grupos da oposición sobre as novas medidas que se adoptarán para evitar a propagación do virus, así como compartir as diferentes impresións sobre a situación actual na que se atopa a comarca.
Sanidade establece o Nivel 2 en toda Galicia e limita as reunións a un máximo de 5 persoas
A Consellería de Sanidade vén de anunciar o establecemento do nivel 2 de restricións en toda Galicia, onde ademais se limitarán as xuntanzas a grupos dun máximo de 5 persoas.
Neste senso, a totalidade do territorio da Comunidade Autónoma fica no nivel 2 de restricións, unha circunstancia que incidirá nos aforos e na ocupación dos espazos dos diferentes ámbitos sociais.
Evolución positiva da situación epidemiolóxica no Rosal, con só 10 casos activos
O Concello do Rosal destaca a evolución positiva da situación epidemiolóxica do municipio, que nos últimos días como descendía paulatinamente o número de casos activos de COVID-19. Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade, nestes intres só quedan 10 casos positivos no concello. Recordamos que se consideran casos activos o de aquelas persoas que tendo o seu médico de cabeceira adscrito ao centro de saúde do Rosal deran positivo na proba PCR e aínda non recibiron a alta médica.
O Sergas ten activo un teléfono para facilitar a detección e seguimento de casos de persoas que non residan en Galicia
O Servizo Galego de Saúde mantén operativo un procedemento específico para a detección e seguimento de persoas procedentes doutras comunidades autónomas ou doutros países e non residentes en Galicia que estea na comunidade de vacacións ou de paso e que poidan presentar síntomas de coronavirus.
Detectado un positivo pola Covid-19 en A Cañiza
Un total de 49 persoas –sete brigadas, seis condutores de motobomba e dous axentes ambientais– están confinadas tras a súa identificación como contactos estreitos dun traballador do servizo de defensa contra incendios forestais do distrito XVII (O Condado-Paradanta), que traballa na zona da Cañiza (Pontevedra), e que deu positivo por COVID-19
O coronavirus obriga ao Barbeira Season Fest de Baiona a cambiar de emprazamento
O Barbeira Season Fest é un dos poucos festivais do verán galego que resiste o bofetón do coronavirus. Os que aguantaron tiveron que reinventarse para adaptarse ás novas normas sanitarias e de convivencia e o Barbeira Season Fest, que se celebra en Baiona o próximo 19 de setembro, tamén.
A Guarda intensifica a presenza policial e adopta novas medidas fronte ao Covid-19
Na reunión mantida na xornada de hoxe entre o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o Concelleiro de Seguridade, Miguel Ángel Español; un representante da Policía Local; o Capitán da Guardia Civil da Comandancia de Tui, Francisco Javier Martínez e o Comandante do Posto da Guardia Civil da Guarda, Elicio Rivas Freiría, tomáronse unha serie de medidas que entrarán en efecto a partires desta mesma fin de semana, co obxecto de evitar que se produzan situacións que poñan en perigo a seguridade e salubridade pública, como consecuencia da crise sanitaria orixina polo COVID 19.
O Concello do Porriño recibiu hoxe información da Consellería de Sanidade sobre o brote de Covid-19 localizado nesta vila
A Consellería de Sanidade informou esta mañá ao Concello do Porriño da existencia dun brote de Covid-19 con media ducía de positivos. Dende a Consellería comunicaron telefónicamente coa alcaldesa Eva García á que informaron que o brote está localizado no centro da vila.
Vila Nova de Cerveira limpa e desinfecta os espazos públicos considerados “sensibles”
A Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e as Xuntas de Freguesía do concello proceden, nestes días, a accións de limpeza e desinfección profunda de rúas e espazos públicos sensibles, é dicir, aqueles nos que se da "unha maior mobilidade de persoas por necesidade de acceso a servizos e bens esenciais".
Ponteareas desinfecta diariamente as rúas e espazos públicos
A empresa concesionaria de limpeza do Concello de Ponteareas desenvolve, nestes días, "actuacións de desinfección diaria ao longo de toda semana nas rúas e espazos públicos de Ponteareas, especialmente en zonas de supermercado, farmacias, panadarías e mercado municipal", informou a concelleira de Medio Ambiente que dirixe Rosa Covelo. Amais, Covelo sinalou tamén que se procede "á desinfección e lavado dos colectores de lixo, tanto no que fai referencia ao casco urbano coma ás parroquias".
Mos pecha, temporalmente, todos os cemiterios do municipio
O Concello de Mos acordou, por resolución de Alcaldía, o peche temporal de todos os cemiterios do municipio para visitas ao público, abríndose únicamente no caso de sepelios. A medida adoptada polo executivo que preside Nidia Arévalo, comezou a aplicarse xa hoxe venres, 20 de marzo en que todos os cemiterios mosenses, tanto os municipais como os parroquiais, atópanse xa clausurados e debidamente precintados pola Policía Local.
O Concello da Guarda informa sobre o DNI, selado do paro e certificados de empresa
O Concello da Guarda vén de publicar unha serie de folletos informativos con información de interese para a cidadanía, non só no que fai referencia a normas de prevención senón tamén no que fai referencia á tramitación de documentos como poden ser o DNI ou a demanda de emprego.
Ponteareas suspende todas as actividades educativas, culturais e deportivas, o mercado do sábado e cursos de formación
Nunha reunión mantida coa representación do cadro de persoal o alcalde Xosé Represas comunicou que "o primeiro é a saúde do persoal municipal e da cidadanía, polo que o desenvolvemento do traballo no Concello supeditarase ás precaucacións necesarias para evitar contaxios".
A Deputación activa o Comité de Seguimento do Coronavirus e suspende os “eventos de carácter masivo” previstos para marzo
A Deputación de Pontevedra activou hoxe desde presidencia o Comité de Seguimento pola crise do Coronavirus que avaliará diariamente as medidas que, baixo o principio de prudencia, o goberno provincial xa ten posto en marcha e das que este mesmo mércores informou directamente á toda a corporación provincial e aos sindicatos.