9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda continúa a traballar no seu Programa de compostaxe...

    O Concello da Guarda continúa a traballar no seu Programa de compostaxe doméstico

    No ano 2014 o Concello da Guarda puxo en marcha un programa de compostaxe doméstica co obxectivo de fomentar a reciclaxe da materia orgánica para facer unha xestión de residuos máis sostible e aproveitar este recurso para obter compost, materia orgánica estabilizada que serve como abono para os cultivos.

    Para asegurar a correcta implantación e desenvolvemento deste programa, a mestra composteira do Concello da Guarda iniciará o próximo mes de setembro as visitas de seguimento a estes composteiros para asegurar o seu correcto manexo e a resolver as posibles dúbidas que lle xurdan aos usuarios.

    Entre 2014 e 2018 o Concello da Guarda repartíu un total de 211 composteiros domésticos e en setembro deste ano se procederá a facer un seguimento de preto de 155 instalacións de composteiros domésticos en todo o termo municipal.

    Todas as persoas que teñan composteiros nas súas vivendas poden concertar citas coa Mestra Composteira contactando no enderezo electrónico medioambiente@aguarda.es.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.