Mércores, 11 Decembro de 2024

Éxito de participación no I Torneo de Petanca Concello da Guarda

O Parque deportivo do Codesal acolleu esta primeira edición do Torneo de Petanca, realizado en colaboración co Clube local O Caldeiro

O pasado sábado día 21 de agosto de 2021 o Parque deportivo do Codesal acolleu a primeira edición do Torneo de Petanca Concello da Guarda, un evento deportivo que tivo comezo ás 9:00h da mañá e que se estendeu ao longo do día e no que participaron un total de 32 equipos.

O Clube anfitrión O Caldeiro, creado no ano 2018 conta na actualidade cun total de 60 socios e 25 federados, empregando para os seus adestramentos as 16 pistas existentes na actualidade no Parque deportivo do Codesal.

Tanto o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, coma a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, valoraron moi positivamente esta primeira edición dun evento que, sen dúbida, está realizado para consolidarse na vila ante o auxe da práctica da petanca no municipio, que conta arestora no Codesal cunhas instalacións que se están a mellorar continuamente e que xa contan cun total de 16 pistas, alumeado, aseos, etc.

[su_image_carousel source=”media: 43603,43604,43605,43606″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]