12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaContinúa a programación de Nadal da Guarda con concertos e actividades de...

    Continúa a programación de Nadal da Guarda con concertos e actividades de animación

    Tralo inicio da programación de Nadal co Acendido do alumeado das rúas e o concerto a cargo da Coral e Grupo de Gaitas do Club de Maiores da Guarda do pasado sábado, a programación continuará esta fin de semana con outras dúas clásicas citas musicais, o Concerto Cantos de Nadal e o tradicional Concerto de Panxoliñas.

    O sábado 17 ás 12:00h. a Praza de Avelino Vicente acolle o Concerto Cantos de Nadal, que se celebra por terceira ocasión e que contará coa participación dos grupos de pandereteiras Carainas, Paliqueiras e Coiro Vello, que repasarán co son das pandeiretas e da música tradicional, os cánticos populares do noso folclore incluíndo panxoliñas e Cantos de Reis.

    O domingo 18, será o momento do tradicional Concerto de Panxoliñas que cada ano organiza a Agrupación Coral polifónica da Guarda, e que xuntará na Igrexa Parroquial, ás 17:00h. ás principais corais da nosa vila.

    A seguinte semana seguirá a tónica musical da man, nesta ocasión de dous concertos do Conservatorio Elemental de Música, onde os alumnos de dito centro interpretarán para as súas familias o habitual repertorio de Nadal. O mércores 21 de decembro ás 19:30 h será o Concerto de Vento e Coro, mentres que o 22 de decembro ás 20:00h. será o Concerto dos alumnos de Corda.

    Pero mais aló da música, se por algo se caracteriza o Nadal é por ser o momento mais especial do ano para os nenos, que esperan ansiosos a chegada de Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos cos seus regalos. Por iso os días 22 e 24 de decembro os trasnos de Papá Noel percorrerán as rúas da vila para recibir as cartas das pequenas e pequenos guardeses.

    A programación para as crianzas continuará a partir do martes 27 de decembro coa actuación do Mago Rey Midas no Centro Cultural, ás 18:00 h; un espectáculo itinerante de malabares e zancudo o mércores 28 pola tarde e sesión de cinema infantil o venres 30 de decembro, novamente no Centro Cultural.

    E como prato forte o 3 de xaneiro terá lugar o espectáculo Circo de Lume, da compañía AsacoCirco na Praza de Avelino Vicente ás 18:00 h.

    O mesmo día 3 e ata o día 5 de xaneiro os carteiros reais, en nome dos Reis Magos de Oriente, estarán percorrendo as nosas rúas para recoller as cartas das crianzas aos Reis Magos.

    Tamén dentro de toda esta programación haberá un espazo para as actividades deportivas como son a carreira por San Silvestre o 31 de decembro con saída  ás 17:00 h da Praza de Avelino Vicente e a proba de obstáculos en familia A GUARDA FAMILIY KIDS, na Alameda ás 16:30 h que pechará a programación o día 7 de xaneiro.

    Por último a Cabalgata de Reis chegará ata a nosa vila na tarde do día 5 de xaneiro, recuperando ao final do seu percorrido a tradicional recepción ás nenas e nenos na Casa dos Alonso.

    Programación

    Decembro

    Sábado 17 de decembro ás 12:00h na Praza de Avelino Vicente

    Pandereteiras Cantos de Nadal cos grupos Coiro Vello, Carainas e Paliqueiras.

    Domingo 18 de decembro ás 17:00h na Igrexa Parroquial

    Concerto de Panxoliñas

    Mércores 21 de decembro ás 19:30h no Centro Cultural

    Concerto de Nadal de Vento e Coro dos Alumnos do Conservatorio

    Do 22 ao 24 de decembro polas rúas da Guarda

    Trasnos e paxes do Nadal

    Días 22 e 23 de 17:00h a 20:00h. Día 24 de 11:30h a 14:30h

    Xoves 22 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural

    Concerto de Nadal de Corda dos alumnos do Conservatorio

    Martes 27 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural

    Mago Rei Midas

    Mércores 28 de decembro ás 17:00h no Centro da Vila

    Animación Itinerante

    Xoves 29 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural

    Concerto Ventos de Nadal da Agrupación Musical da Guarda

    Venres 30 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural

    Cinema Infantil

    Sábado 31 de decembro ás 17:00h na Praza de Avelino Vicente

    San Silvestre

    Xaneiro

    Do 3 ao 5 de xaneiro polas rúas da Guarda

    Carteiros do Nadal

    Días 3 e 4  de 17:00h a 20:00h. Día 5 de 11:30h a 14:30h.

    Martes 3 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda

    Circo de lume

    Xoves 5 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda

    Cabalgata e visita dos Reis Magos

    Sábado 7 de xaneiro ás 17:00h na Alameda

    A Guarda Family Kids

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.