A programación do Nadal 2021 continúa esta semana na Guarda con diferentes propostas para todos os públicos que conta con actuacións infantís, obradoiros e concertos.
Na xornada do xoves día 16 de decembro o Centro Cultural da Guarda acolle a partires das 20:00h o tradicional Concerto de Nadal dos grupos de corda do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, un concerto que sempre enche de ilusión aos xoves músicos guardeses e ao que acoden os seu familiares para presenciar os avances realizados na súa formación musical. De feito, en virtude do protocolo de prevención pola COVID-19 este ano o aforo está reservado só a familiares.
O venres día 17 de decembro ás 17:30h terá lugar o espectáculo infantil “Los Muñecos de la tele”, unha actividade organizada pola Asociación Studio 88 en colaboración co Concello da Guarda e para o que é preciso reservar entradas previamente no teléfono 606 54 06 73.
Tamén este venres ás 18:30h a OMIX da Guarda acolle o obradoiro “Reutilizando Abelorios”, as prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail [email protected] ou no teléfono 986610000 ext. 7.
Xa na xornada do sábado día 18 de decembro, a Praza de Avelino Vicente(As de Copas) acolle ás 12:00h o evento musical Cantos de Nadal, coa participación dos grupos de pandereteiras locais Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e Do Lusco ó Fusco.
Para rematar a semana, na xornada do domingo día 19 de decembro ás 12:30h realizarase o acto de conmemoración do Centenario do Lavadoiro da Fonte da Cal, un acto que contará con actuacións musicais e que terá lugar fronte ao propio Lavadoiro.
Pechando a xornada ás 17:30h a Igrexa Parroquial acolle o tradicional Concerto de Panxoliñas, un evento musical organizado pola Coral Polifónica Guardesa en colaboración co Concello da Guarda e no que actuarán, ademais da citada coral, a Coral da Terceira Idade, o Grupo Antorcha e a Agrupación Polifónica da Guarda. Ademais o venres 17 e sábado 18 todos os que visiten a Praza de Abastos en horario de mañá poderán ver os produtos da Mostra Creativa de Nadal, trátase dunha das accións comerciais dentro da Campaña de Nadal 2021/22 coa finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias nunha Mostra na que participan 8 creadores, artesás, deseñadores do Baixo Miño, con stands na Praza de Abastos da Guarda.
AXENDA DE NADAL
Xoves 16 de decembro
- 20:30h Centro Cultural: CONCERTO DO CONSERVATORIO
Venres 17 de decembro
- 18:30h Casa dos Alonso: Obradoiro “Reutilizando Abelorios”
- Inscrición previa en Omix
Sábado 18 de decembro
- 12:00h Praza Avelino Vicente: CANTOS DE NADAL
- Coas pandereteiras Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e do Lusco ó Fusco
- 18:30h Casa dos Alonso: Presentación do Libro “Palabras como corpus prata”, de Joaquín Cadilla
- Acceso libre ata completar aforo
Domingo 19 de decembro
- 17:30h Igrexa Parroquial: CONCERTO DE PANXOLIÑAS
- Coa participación de Coral Polifónica de A Guarda, Coral da Terceira Idade, Grupo Antorcha e Coro Cantabile
- Organiza: Agrupación Polifónica da Guarda
Martes 21 de decembro
- 18:00h Praza do Reló: CONCERTO DE NADAL DE VENTO E CORO DOS ALUMNOS DO CONSERVATORIO
Do 22 ao 24 de decembro
- ELFOS DE NADAL polas rúas da Guarda
- Horario: 22 e 23 de 17:00h a 20:00h e o 24, de 11:30h A 14:30h
Xoves 23 de decembro
- De 16:00h a 19:00h Praza de Avelino Vicente: “GADALKA” a cargo do Mago Dani
- Espectáculo de maxia individualizada por familias
Martes 28 de decembro
- 18:00h Centro Cultural: “Little neno descobre a… Os Beatles”, de A Reixa Produccións
- Reserva de entradas en eventbrite.es
Mércores 29 de decembro
- 20:30h Centro Cultural: “Ventos de Nadal”, grupos seccionais da Agrupación Musical da Guarda
Xoves 30 de decembro
- 18:00h Centro Cultural: TITIRICIRCUS, con Tanxarina Títeres
- Reserva de entradas en eventbrite.es
Do 3 ao 5 de xaneiro
- CARTEIROS DO NADAL polas rúas da Guarda
- Horario: 3 e 4 de 17:00 h a 20:00 h e o 5, de 11:30 h a 14:30 h
Martes 4 de xaneiro
- 17:30h Alameda: CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación
- Espectáculo de rúa con animais xigantes
Mércores 5 de xaneiro
- Visita dos Reis Magos con paseo polas principais rúas da localidade.
- Enlace para inscrición de eventos en eventbrite.es:
- https://www.eventbrite.es/o/concello-da-guarda-35370803503