15.1 C
Pontevedra
Sábado, 4 de Maio de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda organiza o evento de cultura urbana "Atrapa o Beat"

    A Guarda organiza o evento de cultura urbana “Atrapa o Beat”

    Sábado 6 de maio dende as 11:30 h no CS Fuscalho en na Praza de San Benito

    O próximo sábado día 6 de maio A Guarda acolle unha xornada en relación á cultura urbana, onde graffiti, baile, música e poesía son as protagonistas en diferentes formatos.

    Atrapa o beat é o nome deste evento, que o Concello de A Guarda apoia con obradoiros para a rapazada totalmente gratuitos.

    A partir das 11:30 h comezan dous talleres de xeito paralelo, un de graffiti no C.S O Fuscalho e outro de tres estilos de danzas urbanas no Auditorio San Benito.

    O taller de graffiti está impartido por Desastr.One, grafiteiro madrileño que colabora con diferentes músicos e fai do seu arte reivindicación. Con el, aprenderemos a técnica do spray e poderemos participar na creación dun grafite nun dos muros do espazo dispoñible.

    O taller de danzas urbanas será no Auditorio San Benito a partir das 11.30 h, tocando tres estilos de baile que naceron na rúa e nos clubs. Para isto contamos con Carmen Gago que impartirá unha aula de house, Eva Comesaña que será a responsable da parte de hip hop e Elvia Gago, encargada de ensinar waacking.

    Ao rematar estas tres aulas, faremos unha jam para practicar o aprendido e compartir co resto, onde Dj e Mc amenizarán a actividade.

    Estes dous obradoiros son totalmente gratuítos e para participar debes enviar un mail a informacion@aguarda.es co taller ao que queres participar, o teu nome completo e idade.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.