Arbo continua traballando para por en valor o comercio local, nesta ocasióh a través dunha acción posta en marcha pola Deputación de Pontevedra ao amparo do Proxecto ‘Da túa Man’, unha campaña que busca promover a que a veciñanza arbense e dos concellos limítrofes compren no comercio de Arbo e fomente a sostenibilidade e a economía circular no municipio.
A concelleira de Comercio, Participación Cidada e Mercado, xunto co alcalde Horacio Gil, fixo entrega aos comercios e aos praceiros e praceiras de Arbo, de bolsas de tela e bolsas reciclables que os comerciantes distribuílan entre os seus compradores e compradoras.
O Programa da “Dá túa man” ao que esta adherido o Concello de Arbo, pretende visibilizar e modernizar o pequeno comercio local para adaptalo aos novos hábitos de consumo a través da implantación e uso das novas tecnoloxías e do desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular (reducir a xeración de residuos e promover a súa reutilización e reciclaxe), así como dunha mellora no acondicionamento dos espazos que sirva para ofrecer un servizo óptimo á poboación local e que atraia visitantes.
O alcalde Horacio Gil, lembrou que “desde a chegada ao goberno, se tivo como obxectivo traballar con firmeza para impulsar iniciativas, campañas e proxectos encamiñados a desenvolver e apoiar o comercio local”. Así nesa liña –matizou o rexedor local– “durante todo o ano se realizan campañas de promoción como Quere o teu mercado coa colaboración da Xunta, Ven ao teu mercado tamén no Nadal, ArboNadal…. así como outros eventos que axudan a dinamizar a económia local”.
Neste marco do proxecto “da túa man” ademais, abrangue outros proxectos que en breve serán postos en marcha en Arbo, como é a adaptación da accesibilidade á contorna comercial, a instalación de illas ecolóxicas con contedores e de dispositivos para a reciclaxe de residuos especiais, a instalación de sinalética integrada e diferentes accións formativas.
Con estas iniciativas e campañas, informa o alcalde Horacio Gil, queremos e seguiremos apoiando ao comercio, hostalaría, industria e mercado arbense, por ser o comercio de proximidade, que son garantía de bo produto e boa compra.