17.4 C
Pontevedra
Mércores, 31 de Maio de 2023
Máis
    HomeA ParadantaA CañizaO alcalde da Cañiza entregou premios aos gañadores dos certames literarios

    O alcalde da Cañiza entregou premios aos gañadores dos certames literarios

    O alcalde Luis Piña, acompañado do Concelleiro de Cultura, Rubén Muiños, fixo entrega onte, Día das Letras Galegas, nun acto celebrado no Salón de Plenos do Concello, dos diplomas e tablets aos catro concursantes gañadores do XXII Concurso de Poesía e XX Concurso de Relatos ou Narraccións Breves, convocadas polo Concello da Cañiza con motivo da conmemoración do día das Letras Galegas 2021, adicado este ano a Xela Arias.

    Premiados de cada modalidade

    XXII Concurso de poesía

    • 1ª Categoría: De 6 aos 12 anos (incluídos): Zaira Lomba Alvarez (11 anos) co poema “A Morte”.
    • 2ª Categoría. De 13 a 17 anos (incluídos): Íria Fernández Giráldez ( 13 anos) co poema “Quero Fuxir”.

    XX Concurso de relatos

    • 1ª Categoría: De 6 a 12 anos (incluídos): Manuel Pereira Iglesias ( 6 anos) co relato “O Gato Lambón”.
    • 2ª Categoría: De 13 a 17 anos (incluídos): Claudia Machado Puga ( 16 anos ) co relato “In-Móbil”.

    O xurado integrado por un equipo de profesores de galego dos Centros Educativos da Cañiza, valoraron os traballos en base aos criterios de creatividade e orixinalidade da obra e a súa forza expresiva.

    Presentáronse máis de 40 traballos entre as dúas modalidades, sendo este ano 2021 o que máis participación tivo de todas as edicións. Neste alto nivel de participación tivo moito que ver a implicación dos profesores aos que dende o Concello queremos agradecer a súa colaboración.

    O alcalde felicitou tamén a todos os concursantes polos seus orixinais traballos e os emplazou para o vindeiro ano.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS