Un ano máis o Concello de Arbo volve a celebrar o éxito dos deportistas taekwondistas, na nova edición da Copa Xunta de Galicia de Técnica na que participaron cerca de 700 deportistas de 32 clubes galegos. Entre eles 10 competidores da Cañiza.
O Clube Asociado da Cañiza, afiliado ao KIAP de Vigo, conseguiu 7 medallas nas modalidades de competitiva e amateur (para as idades comprendidas entre os 7 e 18 anos) nunha competición na que se reuniron os mellores deportistas das 4 provincias.
MODALIDADES E PODIUMS DA COPA GALICIA DE TAEKWONDO:
- 6 ANOS: Lara Miguélez Pérez que conseguiu a MEDALLA DE OURO
- 8 ANOS: Noa Domínguez Parada: MEDALLA DE PRATA
- 8 ANOS: Imanuel Domínguez Iserhiewrhitz. MEDALLA DE BRONCE
- 9 ANOS: Iker González Soalleiro: MEDALLA DE BRONCE
- 10 ANOS: María Cerviño Alvarez: MEDALLA DE BRONCE
- 14 ANOS: María Rita Barros Alonso: MEDALLA DE BRONCE
- 18 ANOS: Manuel Romay Rodríguez: MEDALLA DE OURO
A Copa Xunta de Galicia de técnica (infantil e adultos) é un torneo que ten como obxectivo prioritario a promoción deste deporte, aínda que nos últimos anos inclúe a categoría competitiva, que outorga puntos para o ránking galego de técnica. Neste torneo participaron os deportistas que acadaron a clasificación nas fases provinciais, que se celebraron nos últimos meses.
Na última competición provincial de Taekwondo, na que participaron 13 dos taekwondistas cañicenses, conseguiron 10 clasificacións.
Os 35 deportistas do Clube asociado da Cañiza, afiliado ao KIAP de Vigo, entrenan nas instalacións do ximnasio municipal, de luns a venres en horario de 16h a 18h e está coordinado polo entrenador nacional de taekwondo Fidel Rodríguez, traballador do Concello da Cañiza, adscrito ao servizo de deportes como monitor deportivo.