O vindeiro martes, 21 de setembro, o Concello de Tui recupera, tras a paréntese estival, a celebración do Foro do Camiño Portugués, creado o pasado mes de abril. Nesta ocasión contará coa intervención de Luís Quinteiro Fiuza, bispo da diocese de Tui-Vigo.
Nos museos, nos nomes das rúas, na lista de nomeamentos dos premios Nobel, nos libros de historia, na memoria colectiva, na memoria local… a pregunta é onde están as mulleres? A pesar dos obstáculos e a discriminación, moitas estiveron aí deixando a súa pegada na historia da humanidade, marcando un punto de inflexión na súa época.
Os ritmos folclóricos internacionais volverán resoar en Ponteareas este mes. O vindeiro domingo día 19 de setembro o parque da Feira Vella acollerá a 7ª edición do festival 'Algazara Danzando entre Culturas', que organiza a Agrupación Folklórica Algazara de Celeiros xunto a Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas. O evento tivo que ser suspendido pola chuvia en agosto, pero mantén todas as actuacións programadas.
O Concello de Tui vén de realizar obras de mellora en todos os centros educativos intentando dar resposta as necesidades dos oito centros, incluídas as 5 unidades do C.R.A distribuídas nas parroquias. A concellería de Ensino, cunha partida inicial de 50.000 €, levou adiante melloras de mantemento e conservación en todos os centros do noso municipio.
Preto dun milleiro de persoas foron atendidas no punto de información habilitado polo Concello do Porriño en colaboración co ORAL e o Catastro para atender as consultas da veciñanza sobre a actualización de parcelas.
O goberno de Ponteareas (BNG-PSOE) presentou onte ás asociacións e colectivos da vila o proxecto do primeiro Centro Cívico de Ponteareas que ofrecerá máis de 900m2 para servizos de alta demanda e espazos para mocidade, infancia, asociacións e colectivos e para a realización de obradoiros, cursos ou exposicións. “O primeiro edificio público destas características en Ponteareas posibilitará o encontro da cidadanía e apoiará o asociacionismo con espazos versátiles e flexíbeis”, explicou a alcaldesa Cristina Fernández Davila na presentación da reunión.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, vén de criticar a “insuficiente” e “irrisoria” rebaixa das peaxes autonómicas nas autoestradas AG-55 e AG-57, xa que “só beneficia a familias numerosas”, o que supón que “exclúe á meirande parte da poboación galega”.
O Palacete das Mendoza engalanouse hoxe por todo o alto para amosar o agradecemento ás e aos deportistas da provincia de Pontevedra que participaron nos Xogos Olímpicos de Tokio. E foi precisamente esta palabra, gracias, a máis escoitada nos xardíns deste emblemático edificio. As e os olímpicos foron achegándose ao lugar no medio da expectación das e dos viandantes en Pontevedra, que viron como a presidenta provincial, Carmela Silva, acompañada do deputado de deportes, Gorka Gómez, recibíanos cheos de emoción.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.